Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-10/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 18 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-la alegación presentada no sentido do informado.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado pola Autoridade Portuaria da

Coruña, para pazo de congresos, centro de ocio e comercial, na explanada do peirao de transatlánticos (porto da Coruña).

Terceiro.-Proceder á expropiación pública deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Cuarto.-Notificar á Autoridade Portuaria da Coruña.

Quinto.-Comunicarlle este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Sexto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación no Diario Oficial de Galicia, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 21 de febreiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo