A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria do día trece de marzo de dous mil
dous, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación CS-17, por solicitude de Manuel Vázquez Pedrouzo, en nome e representación da xunta de Construcciones Pedrouzo, S.L.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla número 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 25 de marzo de 2002.
Vicente Pérez-Carro García
Secretario xeral en funcións
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de Área

