Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, de conformidade co acordado pola Comisión do Goberno na sesión do 29 de xaneiro de 2002, convoca a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación de pólizas de seguro do Concello de Sarria.

b) Prazo de duración: 1 ano, prorrogable na forma estipulada no prego de cláusulas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote I: seguro de danos materiais: 13.490 euros.

Lote II: seguro de responsabilidade civil patrimonial: 18.030 euros.

Lote III: seguro de flota de automóbiles: 22.550 euros.

5. Garantías.

Provisional: 1.141,60 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Clasificación do contratista.

Non será requisito esixible.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600, Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrarán as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria; rúa Maior, 14, 27600 Sarria.

10. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás once horas, na Casa do Concello; rúa Maior, 14.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 27 de febreiro de 2002.

Claudio Melquíades Garrido Martínez

Alcalde