1. Entidade adxudicadora. Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato. A contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.
4. Orzamento base de licitación. Importe máximo previsto dun millón trescentos vintedous mil douscentos vinte euros (1.322.220 euros).
5. Fianzas e garantías. Garantía definitiva polo importe de cincuenta e dous mil oitocentos oitenta e cinco euros (52.885 euros).
6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de
Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
7. Solvencia económica-financeira e técnica. Acredítase conforme o establecido nos números 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e segundo establece o número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Anuncios. Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos

