De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.
Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmase de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados a partir do acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.
A Coruña, 21 de marzo de 2002.
Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Número expediente: AC-EP 43/2002.
Denunciado: Juan Pablo del Cerro Torres.
DNI: 33540967.
Enderezo: Xeneral Mola, nº 18-1º, Guitiriz.
Establecemento: Pub Cristian's III.
Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.
Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.
Multa máxima: ata 300,51 euros.

