Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de restauración, acondicionamento, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo que se citan.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 13/2002.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición: contratación dos servicios de restauración, acondicionamento, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

b) División por lotes e números: un.

Lote único: expediente 13/2002: servicio de restauración, acondicionamento, mantemento e limpeza do Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín) e do Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo).

c) Lugar de execución: Albergue Xuvenil Benigno Quiroga en Portomarín e Campamento Xuvenil A Devesa en Ribadeo (Lugo).

d) Prazo de execución: desde o día 24 de xuño ata o 10 de setembro de 2002, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: importes totais. 9,01 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 3.675 prazas no Benigno Quiroga de Portomarín, e 8,41 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 15.840 prazas na Devesa de Ribadeo. Establécese un orzamento calculado de gasto de 166.326,15 euros, IVE incluído, en función dun máximo de 19.515 prazas.

5. Garantías.

a) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 43 43.

e) Telefax: 982 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións, tódolos laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1077.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6 e 8, categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70-baixo, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores en tódalas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 3 de abril de 2002.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo