O director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita:
1. Obxecto e orzamento.
1.1. Contrato do servicio de vixilancia e seguridade nos puntos de Atención Continuada de: PAC do Corgo, PAC de Lugo, PAC de Meira, PAC de Mondoñedo, PAC de Monforte de Lemos, PAC de Outeiro de Rei, PAC de Palas de Rei, PAC de Quiroga e PAC de Viveiro, por un orzamento total estimado de 1.103.694,66 euros, IVE incluído.
7 meses do ano 2002
12 meses do ano 2003
5 meses do ano 2004
2. Prazo de execución.
A prestación do servicio deberá comezar desde o primeiro día do mes seguinte ó da sinatura do contrato. O contrato ten unha duración de dous anos e admite prórroga nos termos previstos no artigo 198 do TRLCAP.
3. Admisión de variantes.
Non se admiten.
4. Solvencia económica e financeira e técnica.
Non se esixe.
5. Clasificación económica.
Igual que na folla de especificacións.
6. Criterios de adxudicación.
Igual que na folla de especificacións.
7. Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse no Servicio de Contratación da Xerencia de Atención Primaria, praza de Ferrol, nº 11-4ª planta. 27001 Lugo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 982 29 63 29, fax 982 29 62 28, ou a través da páxina web do Sergas: http://sergas.es. durante o prazo de admisión das proposicións.
8. Garantías esixidas.
Provisional: 2% do orzamento de licitación.
Definitiva: 4% do importe de adjudicación.
9. Presentación de proposicións.
As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
10. Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios.
Os anuncios deste concurso público serán por conta do axdudicatario do contrato.
Lugo, 1 de febreIro de 2002.
Lorenzo Armenteros del Olmo
Director xerente de Atención Primaria de Lugo

