Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de abril de 2002, da Subdirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, de extravío do xustificante de depósito provisional en metálico número 1051/97, do 24 de xuño de 1997, que garante a Novartis Nutrition, S.A., para os efectos da expedición dun duplicado.

Faise público o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico nº 1051/97, de data 24 de xuño de 1997, por importe de euros 7.210,23 y pesetas 1.199.682, garantindo á empresa Novartis Nutrition, S.A.

Requírese a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse o citado xustificante, para que

nun prazo de dous meses, o presente na Subdirección Xeral do Tesouro, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o citado prazo a partir da data de publicación deste anuncio sen que tivera lugar a súa presentación, procederase sen máis trámite á expedición dun duplicado, con declaración nese mesmo acto, da anulación do orixinal extraviado, que non poderá producir ningún efecto ante a Administración nin ante terceiros.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral de Política Financeira e Tesouro

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA