Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A alcaldía, con data do 4 de abril do 2002, dictou a seguinte resolución:

«Sométe-lo proxecto de compensación da unidade de actuación norte-13 (rúa Acacia, Camiño Pipín e rúa das Fontes), do PXOU vixente, con carácter previo á súa aprobación, a información pública polo prazo de vinte (20) días, a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, con citación persoal dos interesados, en cumprimento do establecido no artigo 8.1º do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da propiedade de actos de natureza urbanística, en relación cos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».

O que se fai público, advertíndolle ós interesados que o expediente se atopa á súa disposición no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), polo prazo de 20 días contados a partir desta publicación, durante o cal poderá ser examinado e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 9 de abril do 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria