1. Entidade adxudicadora.
A) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
B) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
C) Número de expediente: 14/2002.
2. Obxecto do contrato.
A) Descrición do obxecto: contratación da colaboración e asistencia técnica que precise esta mancomunidade para a prestación do servicio de recadación ós concellos que dela forman parte e están adscritos ó servicio.
B) Lugar: sede do servicio de Recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
C) Prazo do contrato: dous anos, sendo susceptibles de prórroga anual de mutuo acordo, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
A) Tramitación: urxente.
B) Procedemento: aberto.
C) Forma: concurso.
4. Garantías.
Provisional: 3.000,00 euros. Definitiva: 90.000,00 euros.
5. Obtención de documentación e información.
A) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
B) Domicilio: Praza do Concello, 1.
C) Localidade e código postal: Verín, 32600.
D) Teléfono: 988 414600.
E) Fax: 988 411900.
F) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (13 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).
6. Requisitos do contratista: non se esixen.
7. Presentación das proposicións.
A) Data límite de presentación: o décimoterceiro día natural (13 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).
B) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación do concurso convocado, presentaranse conforme o establecido na cláusula oitava do prego das cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.
C) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 5).
D) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.
8. Apertura das ofertas.
A) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
B) Hora: 12 horas.
9. Outras informacións.
A) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima do prego de cláusulas administrativas particulares da contratación.
B) Aprobación do expediente de contratación: asamblea da mancomunidade do 17-4-2002.
C) Consulta de documentación: secretaría da mancomunidade.
10. Gastos de anuncios.
Serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 19 de abril de 2002.
Juan Manuel Jiménez Morán
Presidente

