Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.162

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002 entrarán en vigor con posterioridade á iniciación dese exercicio como consecuencia dos prazos dispoñibles para a súa aprobación despois das eleccións ó Parlamento de Galicia que tiveron lugar no pasado mes de outubro.

Permanecen as liñas básicas que inspiraban a política orzamentaria seguida en anos anteriores, sen prexuízo das correccións necesarias para adaptalas ós cambios de conxuntura que afectan o desenvolvemento da actividade económica xeral.

A consecución de adecuados niveis de crecemento que posibiliten a elevación das rendas e a creación de emprego continúa a ser un obxectivo prioritario, que facilitará a continuidade do proceso de acercamento ós termos medios existentes na Unión Europea, constituída para estes efectos nun referente válido de actuación.

Ó servicio desa finalidade sitúase moi directamente a atención prestada nestes orzamentos tanto ós investimentos en sectores productivos coma ós destinados á formación de recursos humanos e mellora da capacitación dos traballadores, ó fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico e mais ó apoio ás iniciativas empresariais.

Todas esas actuacións revisten unha especial importancia dentro dunha estratexia que a través da mellora da productividade e da propia competitividade do sistema persegue potencia-la capacidade de crecemento económico, acurtando desa forma os prazos de converxencia cos restantes países da Unión.

Manterase por outra parte no ano 2002 a importante presencia dos programas de gasto social, que, ademais do papel que desempeñan como mecanismos fundamentais de cohesión interna, soportan en boa medida o cumprimento dos principios de solidariedade e benestar nos que se inspira o noso modelo de sociedade.

Nese aspecto resulta patente a crecente atención que se lles presta a medidas e programas situados en ámbitos de actuación moi concretos, como os referentes ás axudas ás familias ou á terceira idade, especialmente afectadas polas características da evolución demográfica e pola presencia de novos esquemas de comportamento social.

Dentro dun contexto no que non puideron deixar de terse en conta as incertezas que pesan sobre a

evolución futura da economía, o desenvolvemento de todas esas políticas concíbese con respecto dos principios de estabilidade orzamentaria derivados do Pacto de estabilidade e crecemento, na medida en que se considera que os seus enunciados están dotados da flexibilidade necesaria para permitir respostas que conten coas diferentes situacións de partida existentes en cada ámbito territorial.

Polo que respecta ó texto articulado da lei, incorpóranse de anos precedentes cantas disposicións de vixencia temporal incidiron favorablemente no desenvolvemento das políticas de ingresos e gastos ou demostraron a súa utilidade na realización dos procesos de execución orzamentaria.

Introdúcense ademais algunhas modificacións, entre as que poden salientarse as realizadas en materia de ampliacións e xeracións de crédito, restrinxíndose por outra banda a utilización das transferencias mediante a incorporación de diversos conceptos orzamentarios de gastos de persoal na relación de créditos vinculantes; as referidas á actualización dos tipos das taxas de contía fixa, con excepción das recadadas mediante efectos timbrados; as que actualizan as retribucións do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma; a que establece para o ano 2002 a porcentaxe que serve para cuantifica-la dotación do Fondo de Cooperación Local, fixando ademais un réxime transitorio en tanto a Comisión Galega de Cooperación Local non adopte os acordos sobre a súa distribución; e por último, tamén como a anterior formando parte das disposicións adicionais, a que determina para as sociedades públicas a obrigatoriedade de elaboraren un plan de restitución do equilibrio financeiro no caso de que

experimentasen perdas de explotación.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

TÍTULO I

Da aprobación dos orzamentos e das súas

modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral e os dos organismos autónomos.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os orzamentos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2.-Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 7.197.165.009 euros, distribuídos da forma seguinte:

OrganismoCap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral4.412.183.65084.284.409210.947.6374.707.415.696

OO.AA. administrativos2.307.027.110625.0532.307.652.163

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros179.719.1132.378.037182.097.150

Total6.898.929.87387.287.499210.947.6377.197.165.009

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos organismos autónomos representan 2.281.818.702 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:

OrixeDestino

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais e

financeiros

Total

Administración xeral2.184.802.20196.872.6632.281.674.864

Total2.184.802.20196.872.6632.281.674.864

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Funcións

11Alta dirección da Comunidade Autónoma31.098.540

12Administración xeral126.894.226

13Administración electoral e partidos políticos2.377.159

21Seguridade Social e protección social258.570.673

23Protección civil e seguridade11.451.112

24Promoción do emprego187.578.498

31Sanidade2.263.624.164

32Educación1.595.246.510

33Vivenda e urbanismo170.795.729

34Benestar comunitario134.244.281

35Cultura162.296.166

36Outros servicios comunitarios e sociais91.969.509

41Infraestructura básica e do transporte251.024.227

42Outras infraestructuras125.765.909

43Investigación científica, técnica e aplicada62.982.997

44Información estatística básica5.270.200

51Actuacións económicas xerais41.324.840

52Comercio14.772.022

53Actividades financeiras54.584.057

61Agricultura, gandería, silvicultura e pesca254.564.479

62Industria11.723.306

63Enerxía18.510.879

64Minería1.710.000

65Turismo3.050.054

66Industrialización e reordenación industrial78.583.662

67Desenvolvemento empresarial1.652.784

71Complexo agrogandeiro40.904.677

72Complexo mar-industria94.872.484

73Complexo silvicultura-madeira17.977.372

74Actividades prioritarias do sector industrial15.735.341

75Complexo turístico, loxística e servicios a empresas56.133.320

81Transferencias a entidades locais645.715.022

91Débeda pública364.160.810

Total7.197.165.009

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 7.197.165.009 euros, distribuídas da seguinte forma:

OrganismoCap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral6.772.132.9236.010.000210.947.6376.989.090.565

OO.AA. administrativos122.224.909625.053122.849.962

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros85.194.43630.05185.224.482

Total6.979.552.2686.665.104210.947.6377.197.165.009

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 41.058.544 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 6.810.423 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 9.831.197 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 24.416.924 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 14.721.530,78 euros.

Artigo 3.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 374.048.000 euros, de acordo coa distribución que se indica:

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.180.402.000180.402.000
Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.12.700.00012.700.000
Xestión Urbanística da Coruña, S.A.14.478.00014.478.000
Xestión Urbanística de Lugo, S.A.6.568.0006.568.000
Xestión Urbanística de Ourense, S.A.25.370.00025.370.000
Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.22.788.00022.788.000
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo24.697.00024.697.000
S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia6.130.0006.130.000
Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia6.447.0006.447.000
Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.21.634.00021.634.000
Galicia Calidade, S.A.1.606.0001.606.000
S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia9.378.0009.378.000
Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.2.048.0002.048.000
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.33.403.00033.403.000
Xenética Fontao, S.A.1.099.0001.099.000
Retegal, S.A.4.529.0004.529.000
Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.771.000771.000
Total374.048.000374.048.000

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire a letra c) do artigo 1 acadan un total de 431.256.000 euros, detallados como segue:

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades108.885.000108.885.000

Instituto Galego de Promoción Económica87.427.00087.427.000

Fundación Pública Hospital de Verín3.174.0003.174.000

Portos de Galicia35.126.00035.126.000

Obras e Servicios Hidráulicos63.974.00063.974.000

Consello Económico e Social994.000994.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía2.357.0002.357.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira10.404.00010.404.000

Fundación Hospital Comarcal da Barbanza12.463.00012.463.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-

Financeira e Contable

15.061.00015.061.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria2.590.0002.590.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde6.057.0006.057.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)21.706.00021.706.000

Instituto Enerxético de Galicia2.687.0002.687.000

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés24.407.00024.407.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia18.877.00018.877.000

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural15.067.00015.067.000

Total431.256.000431.256.000

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican de seguido, en euros, con cargo ós orzamentos de gastos das consellerías ou dos organismos autónomos ós que figuran adscritas:

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de GaliciaPresidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública571.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaPresidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública3.017.0001.500.000

Instituto Galego de Promoción

Económica

Economía e Facenda68.013.0006.720.000

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda952.00024.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e ContableEconomía e Facenda5.296.0005.113.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.Economía e Facenda1.496.00030.000

Portos de GaliciaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda16.558.000

Empresa Pública de Obras e Servicios HidráulicosPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda62.037.000

Galicia Calidade, S.A.Industria e Comercio333.000790.000

Instituto Enerxético de GaliciaIndustria e Comercio1.406.000789.000

Axencia Galega de Desenvolvemento RuralPolítica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural15.033.00030.000

Xenética Fontao, S.A.Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia180.000240.000

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedadesCultura, Comunicación Social e Turismo7.609.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo2.140.0006.490.000

S.A. de Xestión do Plan XacobeoCultura, Comunicación Social e Turismo20.463.0002.043.000

Retegal, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo468.000151.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de GaliciaCultura, Comunicación Social e Turismo772.00011.187.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración SanitariaSanidade1.683.0000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.Sanidade16.917.000

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

Fundación Pública Hospital de VerínSanidade8.547.000

Fundación Pública Hospital da BarbanzaSanidade10.905.0006.000

Fundación Pública Hospital Virxe da XunqueiraSanidade9.339.000

Fundación Pública Hospital do SalnésSanidade10.882.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)Sanidade20.096.000

Instituto Galego de OftalmoloxíaSanidade675.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da SaúdeSanidade279.0000

Total199.433.000104.759.000

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios unicamente poderán ser autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do disposto neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha breve explicación da motivación da modificación.

Artigo 5.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e con validez exclusiva para o ano 2002, atribúenselle ó conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorpora-los créditos de exercicios anteriores, que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorpora-lo crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ó crédito 16.03.212A.481.1 (risga), do orzamento do ano 2002, o crédito 11.03.212A.481.1 do ano 2001, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda ós maiores ingresos pola prestación do servicio de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

f) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores por participación nos ingresos do Estado e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

g) Para xerar crédito, na aplicación orzamentaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

h) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

i) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiación, no suposto previsto no artigo 37 desta lei.

j) Para xerar crédito na sección 09, Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, polo importe que corresponda ó producto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais con destino ós fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

k) En relación co orzamento do Servicio Galego de Saúde:

1) Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servicio Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servicios sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2) Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ás achegas das corporacións locais destinadas ó financiamento dos seus centros e servicios sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma.

l) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecua-los créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

m) Para introduci-las variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

n) Para realiza-las adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire ós dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

Artigo 6.-Vinculación de créditos.

Un.-Sen prexuízo do disposto no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

120.20, «Substitucións de persoal non docente».

120.21, «Substitucións de persoal docente».

120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes».

130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral temporal (Outro persoal)».

132, «Persoal laboral temporal (Plan FIP)».

133, «Persoal laboral temporal (Profesores de relixión)».

134, «Persoal laboral temporal (EEB)».

135, «Persoal laboral (FSE)».

202, «Edificios e outras construccións».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

222.00, «Comunicacións telefónicas».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións e conferencias».

226.99, «Outros».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.00, «Limpeza e aseo».

227.01, «Seguridade».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 06.03.413B.600.2 e ás diferentes aplicacións do capítulo VI denominadas «Obra nova por mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.».

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7.-Créditos ampliables.

Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, durante o ano 2002 terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 05.03.531A.226.05, destinados ó pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferencia existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 14.02.212A.486.0, destinados ó pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ó seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 05.06.811B.760.1 con destino ó pagamento da liquidación do ano 2001 que corresponde ó Fondo de Cooperación Local.

Artigo 8.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 2002 non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restricción non lles será aplicable ós incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 14, «Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude», e 16, «Asuntos Sociais», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no punto anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 10% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servicio Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ó asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servicio prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2002 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

Esas limitacións non afectarán o Servicio Galego de Saúde cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servicios que deba ser coñecida polos usuarios para permitírlle-la súa mellor utilización, polo que respecta á aplicación 226.02, ou cando veñan orixinadas por necesidades excepcionais de realización de probas de laboratorio en centros externos, no referente á aplicación 227.06.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, entenderanse referidas, no orzamento do Servicio Galego de Saúde, ó orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servicio Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Seis.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellería durante o presente exercicio non poderá diminuí-las consignacións iniciais, ó nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando afecten o capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellerías».

c) Cando afecten o centro de xestión 5001 do Servicio Galego de Saúde.

d) Cando correspondan á xestión dos fondos finalistas, procedentes da Administración xeral do Estado, correspondentes a competencias asumidas pola Comunidade Autónoma no ámbito das políticas activas de emprego.

e) Cando se refiran ós proxectos que figuran nos anexos de investimentos e de transferencias coa denominación «Cofinanciamento incorporación fondos europeos».

Sete.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en tódolos casos informe da intervención delegada referente polo menos ós seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas normas

concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade do crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Oito.-Os expedientes que se tramiten para a autorización de transferencias de crédito desde as partidas correspondentes ó Plan de crecemento e emprego que figuran relacionadas na memoria de obxectivos e programas destes orzamentos deberán incluír informe da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Artigo 9.-Adecuación de créditos.

Para facilita-la consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2002, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimenta-los axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.1) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumpri-lo previsto no parágrafo anterior.

TÍTULO II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 10.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2002 un incremento global superior ó 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2001, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberanse axustar ó establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Artigo 11.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2001, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ó do exercicio de 2001, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 12.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no punto Catro do artigo 10 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 2% respecto da correspondente ó ano 2001,

sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mailos gastos de acción social devengados durante o ano 2001 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2002 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 13.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 2002 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 75.248,40 euros.

Conselleiros: 61.965,12 euros.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 49.332,24 euros.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto Un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixan para o ano 2002 en 65.942,52 euros.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2002 nas seguintes contías:

Presidente: 65.942,52 euros.

Conselleiros: 61.965,12 euros.

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incrementos superiores ó 2% con respecto ás percibidas no ano 2001.

Artigo 14.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servicio permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferencia entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servicios extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle corresponda polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ó incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 15.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para o ano 2002 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Así mesmo, terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 16.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 11 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2002 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A12.094,68464,64

B10.265,16371,76

C 7.651,92279,00

D 6.256,80186,36

E 5.712,00139,80

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelEuros

3010.620,36

299.526,32

289.125,64

278.724,84

267.654,44

256.791,16

246.390,48

235.990,04

225.589,12

215.189,16

204.820,28

194.574,04

184.327,80

174.081,56

163.835,80

153.589,44

143.343,44

133.097,08

122.850,72

112.604,84

102.358,72

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior

poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada para o exercicio do ano 2001, sen prexuízo do previsto no artigo 11 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2002, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo

no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 17.-Retribucións do persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 16.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ós complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ó referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2001.

A contía individual do complemento de productividade determinarase, conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e nas demais normas dictadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 10.Un desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 18.-Prohibición de ingresos atípicos.

Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de

incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 19.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2001 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 7/1999 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2002 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2002 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 20.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2002 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de servicios sanitarios.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2002, deberase solicitar da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2001.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2001.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ó que se refire o punto Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto Un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos indivi

duais, xunto coa achega da valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2002 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 12 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2002 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 22.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non poderán fixarse indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15 % das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato, cun máximo de doce mensualidades.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 23.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos.

Un.-As consellerías e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2002 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ó Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, e o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais imputaranse ó concepto 131 do programa correspondente da consellería de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada da consellería certificará que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ou nesta propia Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Cinco.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ó 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ó capítulo VI do orzamento de gastos da correspondente consellería ata o seu termo.

Artigo 24.-Nomeamento de profesores interinos a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesores interinos con horarios de traballo inferiores ós establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A autorización concedida limitarase ós casos nos que a utilización da reducción de xornada prevista na normativa en vigor, por parte dos funcionarios do cadro de persoal, faga necesaria a cobertura dos servicios afectados.

Artigo 25.-Oferta de emprego público para o ano 2002.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó 25% da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados orzamentariamente.

Tres.-Malia o disposto no punto Un deste artigo, poderanse convoca-los postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente.

Catro.-Durante o ano 2002 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento

de funcionarios interinos, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Ó adecuarse estrictamente ás necesidades do servicio e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente.

b) Persoal que preste servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Cinco.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos ós que se refire o artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia, deberán ser autorizadas conxuntamente polas consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Seis.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Artigo 26.-Autorización para regula-lo persoal sanitario funcionario pertencente á clase de matronas titulares.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes, para dicta-las disposicións e adopta-los acordos que afecten o réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario funcionario pertencente á clase de matronas titulares que sexan necesarios para a implantación da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, coa adecuación funcional, territorial e retributiva dos seus postos de traballo, sen menoscabo do respecto ó estatuto funcionarial destes profesionais.

TÍTULO III

Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 27.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-A posición neta debedora da Comunidade Autónoma á fin do exercicio non experimentará variación.

Para estes efectos inclúese a posición neta debedora da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Dous.-Excepcionalmente, no caso de que se produzan desviacións de signo negativo na execución do orzamento de ingresos, o saldo vivo da débeda da Comunidade Autónoma no 31 de decembro de 2002 poderá verse correlativamente incrementado ata un máximo de 60.100.000 euros, con destino a gastos de capital.

Tres.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2002 non poderá superar en ningún caso a cifra existente ó peche do exercicio do ano anterior.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 28.-Débeda da tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio do ano 2002, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15 % da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e os conceptos 400 e 408.

Artigo 29.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2002 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10 % da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso, as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 30.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2002 será de 30.000.000 de euros.

Con independencia desa cantidade, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 180.300.000 euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ó desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 16.800.000 euros.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Instituto Galego de Promoción Económica ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 210.300.000 euros.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellería correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ó abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectase grave ou substancialmente o mantemento da capacidade productiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 31.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas que o modifican, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,02 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no punto Dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable ás contías que con carácter mínimo

ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, na súa redacción vixente, coa expresión das tarifas en euros:

1) Modifícase o apartado 06 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«06. Verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación: 6 A»

2) Modifícanse os subapartados 01, 03, 07 e 08 do apartado 07 do artigo 18, engadíndolle a cada un dos subapartados unha nova tarifa por cada un dos conceptos correspondentes para as máquinas de tipo A especial, respectivamente:

a) Ó subapartado 01 engádeselle:

«Máquinas tipo A especial: 50 A»

b) Ó subapartado 03 engádeselle:

«Máquinas tipo A especial: 20 A»

c) Ó subapartado 07 engádeselle:

«Máquinas tipo A especial: 12 A»

d) Ó subapartado 08 engádeselle:

«Máquinas tipo A especial: 80 A»

3) Modifícanse as letras e), f) e g) do subapartado 02 do apartado 17 do artigo 18, que quedan redactadas como segue:

«e) Clase C (anual): 12 A

f) Clase C (mensual): 6 A

g) Clase C (validación): 6 A»

4) Engádeselle o apartado 30 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«30. Expedición de diploma de mediador de seguros titulado 24,76 A»

5) Engádeselle o apartado 33 ó artigo 18, que queda redactado como segue:

«33. Rexistro da propiedade intelectual

Cualificación suficiencia documentos, c/u: 11,03 A

Tramitación de expedientes de solicitude: 11,04 A

Colección de obras, a partir da segunda c/u: 3,06 A

Busca de: 3,68 A

Copia certificada de documentos arquivados, por páxina: 3,67 A

Expedición de certificados de inscrición: 13,12 A

Certificado de existencia ou non de inscrición: 11,04 A

Certificado por busca, excepto a primeira: 3,06 A

Expedición de notas simples: 3,68 A

Documentación en soporte distinto a papel, c/u: 3,67 A»

TÍTULO V

Da xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 32.-Intervención limitada.

A contía á que se refire o artigo 97.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida en 6.600 euros para o exercicio do ano 2002.

Artigo 33.-Fiscalización de nomeamentos ou contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente de acordo co procedemento de control que para o efecto determine a intervención xeral.

Artigo 34.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 35.-Autorización do Consello da Xunta para contratar.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 3.005.000 euros. Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación da consellería, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 36.-Gastos plurianuais.

Con independencia dos supostos previstos no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, por acordo do Consello da Xunta poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) A adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) A adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) A concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) As axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) A concesión de subvencións para subsidiación de xuros de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Os contratos de seguros de xestión centralizada.

Artigo 37.-Tratamento dos créditos para expropiacións.

Os créditos destinados ó pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras, que á fin do anterior exercicio desen lugar á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, serán considerados no ano 2002 como ingresos do artigo 68, «Reintegros por operacións de capital», e darán lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 38.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Para os efectos do establecido neste artigo, son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 39.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2002 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como as revisións de prezos e tarifas de concertos ou convenios establecidos con anterioridade, non poderán supera-lo incremento do índice de prezos ó consumo galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 40.-Concesión directa de axudas e subvencións.

Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servicios ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 60.100 euros no exercicio. Estes importes elevaranse a 18.030 e 240.400 euros, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

Estas axudas ou subvencións poderán ser aboadas ó 100 % dunha soa vez. As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, do que se lle dará conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellería competente por razón da materia.

Artigo 41.-Pagamento e garantías das axudas e subvencións.

1. De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma, das súas sociedades públicas e fundacións con participación total ou maioritaria da Xunta de Galicia, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen os 1.500 euros individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro», do orzamento de gastos.

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ó artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 1.500 euros.

h) As concedidas ós beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

2. Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse ó disposto na súa normativa reguladora.

3. Quedan exceptuadas das limitacións de pagamento ata o 80 % da axuda ou subvención á que fai referencia o punto 2.Un do artigo 16 do Decreto 287/2000, de 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, as bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas destinadas expresamente a financiar estudios e investigación en centros públicos ou privados, con aboamentos que se efectúen a tráves de nóminas mensuais.

Artigo 42.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 lles corresponde ós traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no punto Seis do artigo 8 desta lei.

Artigo 43.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Coa finalidade de continua-lo proceso de acercamento das retribucións do profesorado do ensino pri

vado, concertado e subvencionado, ás retribucións do profesorado do ensino público da Comunidade Autónoma, así como de prosegui-lo proceso de ampliación dos equipos docentes de centros privados concertados, autorízase o Consello da Xunta para establecer, en función dos acordos que poidan alcanzarse e dentro dos créditos orzados, o importe anual dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados, dentro dos créditos orzados.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ó Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atende-lo pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta ós avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) Os compromisos de gasto de carácter plurianual adquiridos conforme a autorización do artigo 36 desta lei.

e) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ó consumo.

f) As concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren as letras b) e c) do artigo 40 desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizados conforme o previsto na letra n) do artigo 5 desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ó longo do ano 2002.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ó orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesourería non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderá limita-los libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Terceira.-Sociedades públicas.

As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación nos seus orzamentos están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablece-lo equilibrio.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Economía e Facenda para a súa aprobación, dentro dos tres meses seguintes a aquel no que a situación de desequilibrio se detectase.

Cuarta.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 2002.

Quinta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 2002 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-43,45 euros polo primeiro membro adicional.

-34,99 euros polo segundo membro adicional.

-26,45 euros por cada un dos restantes membros adicionais.

Sexta.-Fondo de Cooperación Local.

1. A porcentaxe de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración

xeral queda establecida no 1,534518 para o exercicio de 2002.

Esa porcentaxe é a resultante despois de efectua-la homoxeneización prevista na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, como consecuencia da modificación experimentada na estructura de ingresos da Comunidade Autónoma, derivada do novo sistema de financiamento establecido na Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía.

2. O Fondo de Cooperación Local, nos termos definidos na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais de réxime orzamentario e administrativo, terá carácter financeiro a partir das consignacións previstas para o exercicio 2002. Os recursos que con cargo á súa consignación lles correspondan ós concellos terán a consideración de fondos incondicionados.

3. A distribución do fondo entre tódolos concellos farase de acordo cos criterios que se aproben na Comisión Galega de Cooperación Local, entre os que necesariamente se terán en conta os criterios e as ponderacións que, en ámbolos dous casos con carácter de mínimos, se enumeran a seguir:

-Habitantes (65%).

-Superficie (10%).

-Núcleos de poboación (3%).

-Esforzo fiscal (5%).

A variable esforzo fiscal terá efectos redistributivos.

4. Un importe non inferior a 12.000.000 de euros distribuirase entre os municipios inferiores a 15.000 habitantes coa finalidade de favorece-la mellora nos niveis de prestación dos servicios esenciais á que se refire a lexislación sobre o réxime local.

Este importe adicional reducirase a 9.000.000 de euros para o exercicio de 2003 e a 6.000.000 millóns de euros para o exercicio de 2004. A súa dotación farase para o ano 2002 con cargo á sección 23 e nos exercicios seguintes figurará nos créditos iniciais dos orzamentos.

5. En ningún caso o reparto inicial será inferior á cantidade que cada concello recibiu no exercicio de 2000.

6. A partir do exercicio de 2003 o incremento anual da participación correspondente a cada concello será, como mínimo, do 30 % do crecemento medio do fondo para o respectivo exercicio.

Sétima.-Fondo destinado á mellora e modernización dos servicios públicos.

Co fin de mellora-la prestación dos servicios públicos e apoia-la súa modernización e calidade, constituirase un fondo de 12.000.000 de euros, que se

destinará á ordenación de retribucións en ámbitos e sectores específicos da Administración autonómica.

A aplicación e a distribución deste fondo levaranse a cabo nos ámbitos de negociación do persoal establecidos para iso e destinarase con prioridade a aqueles colectivos que non acadasen acordos retributivos nos últimos dous anos.

Disposicións transitorias

Única.

Un.-En tanto a Comisión Galega de Cooperación Local non adopte os acordos da súa competencia en relación cos criterios para a distribución do Fondo de Cooperación Local, conforme o previsto no punto 7 da disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, haberá que aterse ó seguinte réxime transitorio:

1. Os concellos beneficiarios do Fondo de Cooperación Local, de acordo co establecido no Decreto 215/2000, do 13 de setembro, percibirán, con carácter de entrega a conta, por cuartas partes, no segundo mes de cada trimestre natural, unha cantidade igual á asignación determinada para cada un deles no anexo do referido decreto.

2. As cantidades ás que se refire o parágrafo anterior, devengadas na data da entrada en vigor desta lei, transferiránselles ós respectivos concellos na primeira entrega a conta que proceda efectuar de conformidade cos respectivos criterios.

Dous.-Logo de adopta-la Comisión Galega de Cooperación Local os acordos ós que se refire a disposición adicional citada, a Consellería de Economía e Facenda procederá á determinación individualizada das novas participacións resultantes, así como á regularización que, de se-lo caso, proceda realizar respecto dos concellos que percibisen cantidades a conta consonte o previsto no punto Un anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Autorízase o Consello da Xunta para dictar, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Vixencia permanente.

O artigo 31 desta lei, en canto ás modificacións do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, que incorpora, terá vixencia permanente.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO I

Artigo 5.d)

(Euros)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG)300.506300.506

Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (oposicións)6.0106.010

Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (outras)1.192.7552.972.0854.164.840

Economía e Facenda349.116349.116

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda2.938.187285.9423.224.129

Educación e Ordenación Universitaria1.716.3411.464.8033.181.144

Industria e Comercio4.848.541850.9905.699.531

Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural1.147.533260.1101.407.643

Cultura, Comunicación Social e Turismo401.34150.988452.329

Sanidade1.546.07918.2461.564.325

Pesca e Asuntos Marítimos720.111720.111

Xustiza, Interior e Relacións Laborais1.168.62140.8081.209.429

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (TIVE)601.012601.012

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (carné xove)150.254150.254

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (outras)93.4373.010.7053.104.142

Medio Ambiente4.298.3283.117.8767.416.204

Asuntos Sociais7.7707.280.0377.287.807

Emigración e Cooperación Exterior240240

Total20.434.41020.404.36240.838.772

A) Orzamento da Comunidade Autónoma

Estado de ingresos

Resumo por artigos e capítulos

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1Impostos directos
0Sobre a renda647.236.546
1Sobre o capital153.366.269
800.602.815*
2Impostos indirectos
0Sobre transmisións patrimoniais e A.X.D.267.053.718
1Sobre o valor engadido846.231.053
2Sobre consumos específicos565.000.378
9Tributos propios da Comunidade Autónoma22.189.367
1.700.474.516*
3Taxas, prezos e outros ingresos
0Taxas administrativas20.434.410
1Prezos20.404.361
2Outras taxas77.530.562
8Reintegros10.581.143
9Outros ingresos16.464.401
145.414.877*
4Transferencias correntes
0Da Administración central do Estado3.411.390.637
1De Org. autónomos administrativos da Comunidade Autónoma1.502.530
2Da Seguridade Social1.863.138
9Do exterior65.275.925
3.480.032.230*
5Ingresos patrimoniais
2Xuros de depósitos9.405.834
9Outros ingresos patrimoniais60.101
9.465.935*
6Alleamento de investimentos reais
0De terreos601.012
601.012*
7Transferencias de capital
0Da Administración central do Estado188.573.298
6De corporacións locais1.077.915
9Do exterior445.890.325
635.541.538*
8Activos financeiros
5Alleamento de accións do sector público6.010.000
6.010.000*
9Pasivos financeiros
5Préstamos recibidos e emisión de débeda210.947.637
210.947.637*
Total6.989.090.560

Estado de gastos

Resumo xeral do orzamento de gastos

Cap.-I

Cap.-II

Cap.-III

Cap.-IV

Cap.-V

Cap.-VI

Cap.-VII

Cap.-VIII

Cap.-IX

Total

Parlamento7.059.988

3.778.402

0

1.822.270

0

1.927.328

39.070

102.220

0

14.729.278

Consello de Contas3.207.760

1.046.958

0

2.705

0

1.028.938

0

36.061

0

5.322.422

Consello da Cultura Galega443.760

1.044.522

0

194.728

0

219.369

0

0

0

1.902.379

Presidencia, R.I. e Administración Pública26.878.086

14.118.068

9.159

23.345.421

0

25.115.516

38.470.075

728.061

0

128.664.386

Economía e Facenda20.681.991

3.729.250

168

16.609.038

0

7.094.119

115.999.842

4.000.099

0

168.114.507

Política Territorial, O.P. e Vivenda20.119.157

2.349.403

0

11.348.124

0

162.166.961

108.087.170

0

0

304.070.815

Educación e Ordenación Universitaria957.560.683

142.718.208

1.620.076

382.408.530

0

88.449.539

19.614.102

0

0

1.592.371.138

Industria e Comercio8.689.187

3.841.993

0

10.116.252

0

11.467.196

80.768.682

759.349

0

115.642.659

Política Agroalimentaria e Desenv. Rural42.726.217

3.068.472

0

10.737.088

0

77.723.693

159.722.248

0

0

293.977.718

Cultura, Comunic. Social e Turismo18.191.629

4.925.171

0

29.530.919

0

42.444.094

59.904.467

71.292.056

0

226.288.327

Sanidade27.226.375

991.024

0

2.085.484.889

0

19.630.137

17.437.681

0

0

2.150.770.106

Pesca e Asuntos Marítimos23.191.203

4.111.213

0

1.591.401

0

25.306.532

99.698.474

676.139

0

154.574.962

Xustiza, Interior e Relacións Laborais54.398.531

14.760.518

0

12.214.480

0

14.278.029

1.375.000

0

0

103.252.300

Familia e Prom. do Emp., Mul. e Xuv.51.384.069

31.978.176

0

187.331.920

0

9.407.756

6.490.930

0

0

286.592.851

Medio Ambiente60.554.638

2.502.156

318.537

2.721.666

0

73.534.755

112.140.593

6.130.324

0

257.902.669

Asuntos Sociais53.897.080

40.681.175

0

51.242.154

0

6.122.398

4.658.114

0

0

156.600.921

Emigración e Cooperación Exterior1.815.337

1.284.215

0

5.511.076

0

601.012

3.391.554

60.100

0

13.633.294

Consello Consultivo de Galicia1.240.898

274.500

0

0

0

189.319

0

0

0

1.704.717

Transferencias a CC.LL.0

0

0

597.526.234

0

0

0

0

0

597.526.234

Débeda pública0

0

153.213.173

0

0

0

0

0

210.947.637

364.160.810

Gastos diversas consellerías6.093.387

9.799.293

0

0

0

18.899.262

16.466.125

0

0

51.258.067

Total1.385.359.976

288.002.717

155.161.113

3.429.738.886

0

585.605.953

850.489.869

83.784.409

210.947.637

6.989.090.560

B) Organismos autónomos administrativos

I.-Escola Galega de Administración Pública

Estado de ingresos2.596.550

Estado de gastos2.596.550

II.-Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos4.760.808

Estado de gastos4.760.808

III.-Augas de Galicia

Estado de ingresos79.624.482

Estado de gastos79.624.482

IV.-Instituto Galego de Consumo

Estado de ingresos4.939.755

Estado de gastos4.939.755

V.-Servicio Galego de Saúde

Estado de ingresos2.205.746.741

Estado de gastos2.205.746.741

VI.-Academia Galega de Seguridade

Estado de ingresos1.662.158

Estado de gastos1.662.158

VII.-Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Estado de ingresos8.321.669

Estado de gastos8.321.669

C) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo

I.-Instituto Galego da Vivenda e Solo

Estado de ingresos142.716.680

Estado de gastos142.716.680

II.-Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

Estado de ingresos33.805.811

Estado de gastos33.805.811

III.-Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

Estado de ingresos5.574.659

Estado de gastos5.574.659

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.180.402.000180.402.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.12.700.00012.700.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.14.478.00014.478.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.6.568.0006.568.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.25.370.00025.370.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.22.788.00022.788.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo24.697.00024.697.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia6.130.0006.130.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia6.447.0006.447.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.21.634.00021.634.000

Galicia Calidade, S.A.1.606.0001.606.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia9.378.0009.378.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.2.048.0002.048.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.33.403.00033.403.000

Xenética Fontao, S.A.1.099.0001.099.000

Retegal, S.A.4.529.0004.529.000

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.771.000771.000

Total374.048.000374.048.000

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades108.885.000108.885.000

Instituto Galego de Promoción Económica87.427.00087.427.000

Fundación Pública Hospital de Verín3.174.0003.174.000

Portos de Galicia35.126.00035.126.000

Obras e Servicios Hidráulicos63.974.00063.974.000

Consello Económico e Social994.000994.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía2.357.0002.357.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira10.404.00010.404.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza12.463.00012.463.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable15.061.00015.061.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria2.590.0002.590.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde6.057.0006.057.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)21.706.00021.706.000

Instituto Enerxético de Galicia2.687.0002.687.000

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés24.407.00024.407.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia18.877.00018.877.000

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural15.067.00015.067.000

Total431.256.000431.256.000