Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria da Coruña para os anos 1999 ó 2003.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria da Coruña para os anos 1999 ó 2003 (código convenio 1503922), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-3-2002 (e que foi complementado en data 3-4-2002), subscrito en representación da parte económica pola Autoridade Portuaria da Coruña, e da parte social polo comité de empresa o día 23-4-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

1º convenio colectivo da Autoridade Portuaria

da Coruña (1999-2003)

Preámbulo.

En cumprimento do artigo 4º do I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias (BOE do 18 de xaneiro de 2000) a Autoridade Portuaria da Coruña e os representantes legais dos traballadores concertan o presente convenio colectivo para a dita autoridade portuaria.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional, persoal e territorial.

O presente convenio colectivo complementa e desenvolve a regulación das relacións laborais do persoal que presta o seu servicio na Autoridade Portuaria da Coruña, excepto os postos de traballo de niveis de xefe de unidade e superiores. (Niveis 1 ó 12, ambos inclusive).

O presente convenio colectivo será de aplicación en todos aqueles lugares e centros de traballo onde o persoal da Autoridade Portuaria da Coruña desenvolva o seu cometido.

Artigo 2º.-Ámbito temporal e denuncia.

O I convenio colectivo da Autoridade Portuaria da Coruña será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 2003, ambos inclusive, excepto naqueles conceptos para os que se establezan datas de vixencia diferentes.

A denuncia deste convenio efectuarase por calquera das partes asinantes de forma expresa cun prazo de aviso previo superior a un mes respecto á data da súa finalización e mentres non se logre acordo expreso, manterase en vigor todo o articulado do mesmo, salvo o que limite, se é o caso, na futura negociación de ámbito superior. Haberá prórroga automática deste convenio durante un ano, e así sucesivamente se non houbese denuncia expresa pola representación de calquera das partes asinantes.

Artigo 3º.-As partes.

Entenderase como parte empresarial, a Autoridade Portuaria da Coruña, estando a parte social integrada pola representación sindical dos traballadores e asumida polo comité de empresa, en proporción á representatividade que taña de acordo co resultado das últimas eleccións sindicais.

Artigo 4º.-Natureza, compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible, e para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente. As partes asumen o cumprimento das cláusulas con vinculación á totalidade delas.

As condicións económicas pactadas neste convenio colectivo, como ampliación das pactadas no I convenio marco de portos do Estado e autoridades portuarias, forman un todo e son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por imperativo legal, xurisdiccional, contencioso-administrativo, convenio ou pacto contrato individual, salvo o disposto no artigo seguinte.

As disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios, que impliquen variacións económicas, en todo ou algúns dos conceptos retributivos pactados neste convenio só terán eficacia se, globalmente consideradas en cómputo anual, superan o nivel total do mesmo. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

As remuneracións económicas persoais dos traballadores que por productividade viñesen percibíndose o 31 de decembro de 1994 e sempre que excedan do pactado no convenio marco e neste convenio de ámbito inferior por igual concepto, en condicións homoxéneas de traballo, serán respectadas con carácter excepcional e a título persoal como condicións máis beneficiosas, e quedarán consoli

dadas a título persoal como complemento conxelado e non absorbible por futuros incrementos retributivos.

Artigo 6º.-Comisión de Vixilancia e Interpretación do convenio colectivo.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, constituirase unha Comisión de Vixilancia e Interpretación, que deberá formalizarse no prazo dos trinta días seguintes á sinatura deste convenio colectivo de ámbito local.

A comisión, que será paritaria, estará formada por 14 membros. Deles 7 representarán á Autoridade Portuaria da Coruña e 7 ós traballadores.

Os membros titulares da mencionada comisión que por calquera circunstancia non poidan asistir ás reunións que esta celebre, poderán delega-lo seu voto noutro membro da comisión ou nomear suplente coa suficiente antelación, dando coñecemento á secretaría dela.

Os membros da parte social serán designados por cada unha das organizacións sindicais, de entre os membros do comité de empresa, con base na representación que teñan de acordo co resultado das últimas eleccións sindicais, actualmente 4 UGT, 2 CC.OO. e 1 CIG.

Poderán asistir ás sesións da Comisión de Vixilancia e Interpretación, con voz pero sen voto, os asesores que as partes estimen convenientes, cun máximo de dous por cada parte.

A condición de membro da comisión é persoal e intransferible. As variacións dos membros da comisión que poidan producirse comunicaranse, obrigada e simultaneamente ó efectua-lo seu relevo, á secretaría da comisión para os efectos que procedan.

Domicilio.

A sede administrativa da Comisión de Vixilancia e Interpretación do convenio colectivo, para efectos de comunicacións e notificacións estará na sede da Autoridade Portuaria da Coruña, con domicilio na avda. da Mariña 3, C.P. 15001.

A secretaría da Comisión de Vixilancia e Interpretación, que non terá voz nin voto, e residirá na Autoridade Portuaria da Coruña, estará obrigada a transmitir a cada unha das partes, e no caso dos representantes sindicais a cada uno dos sindicatos asinantes deste convenio, dentro do prazo de 24 horas desde a súa recepción, cantas notificacións, documentos, etc., sexan remitidos á sede da comisión, polo conducto máis rápido posible.

Carácter das reunións e convocatorias.

A comisión deberá reunirse, para tratar asuntos que se sometan á mesma, tantas veces como sexa necesario cando existan causas xustificadas para iso, ou o solicite unha das partes desde a representación que teña.

As reunións da Comisión de Vixilancia e Interpretación revestirán, con base nos asuntos que lle sexan sometidos, o carácter de ordinarias ou extraordinarias. Calquera das partes poderá outorgar fundadamente tal cualificación.

As convocatorias da Comisión de Vixilancia e Interpretación nas que inclúan puntos da orden do día relativos a conflictos colectivos ou folgas, terán o carácter de extraordinarias, salvo que expresamente a parte convocante lle atribúa o carácter ordinario.

Nas convocatorias ordinarias, a comisión deberá resolver no prazo de 15 días naturais e nas extraordinarias, no termo de 3 días hábiles desde a recepción da convocatoria.

Ambas partes están lexitimadas para proceder á convocatoria da Comisión de Vixilancia e Interpretación de maneira indistinta, sen más requisito que comunicalo á secretaría da comisión, por calquera medio fidedigno con tres días hábiles de antelación, á data da reunión, facendo consta-la orden do día e o carácter da reunión e remitindo á vez, polo conducto máis rápido posible, os antecedentes do tema obxecto da reunión. A secretaría comunicarao á outra parte, e no caso da representación social a cada unha das partes sindicais asinantes do presente convenio.

A Comisión de Vixilancia e Interpretación do convenio, por acordo das partes, poderá decidir aprazar un tema determinado motivando a súa decisión.

Das actas das reunións.

Das reunións da comisión levantarase acta sucinta na que se reflectirán puntualmente as circunstancias de tempo e lugar e os acordos que se alcancen, así como calquera opinión razoada que algún dos integrantes desexe facer figurar. Aquelas manifestacións de ambas partes que non sexan contidas de acordos, poderán ser incluídas nas actas, sempre que se achegue escrito no que conste expresamente que desexen se incorpore á acta.

As actas serán redactadas pola secretaría da comisión designada polos seus membros e corresponderá a representación á Autoridade Portuaria da Coruña.

Para a súa validez, as actas deberán ser aprobadas pola comisión. A dita aprobación, efectuarase con carácter ordinario na mesma sesión, e con carácter extraordinario na reunión seguinte que realice a comisión.

Unha vez aprobadas as actas, estas terán carácter vinculante.

Competencias da comisión.

Interpreta-la totalidade do articulado do presente convenio e vixia-lo cumprimento do pactado.

Entender en materia de conflicto colectivo, de acordo co procedemento que se establece, e servir de vía negociadora en tempo de preaviso de folga.

Entender de conflictos de interese no ámbito das relacións colectivas de traballo.

Calquera outra atribución que expresamente lle veña dada polo presente convenio.

Os membros da comisión percibirán o 100% das retribucións entendendo por tales: salario base, antigüidade, complemento de mobilidade funcional, así como os demais complementos que se establezan, sempre que estes complementoes os tivese asignados de non ser membro desta comisión, dado que iso redundará no aumento da paz social.

Para os efectos do presente artigo, terán tamén o carácter de conflictos colectivos aqueles que sendo promovidos por un traballador a título individual, a súa solución sexa extensible ou xeneralizable a un colectivo de traballadores.

Quórum e réxime de adopción de acordos.

Para a válida constitución da Comisión de Vixilancia e Interpretación e adopción de acordos con carácter vinculante, esixirase o réxime de maiorías establecido no artigo 89.3º do Estatuto dos traballadores.

Por acordo das partes as diferencias existentes no seo da comisión poderán resolverse mediante o procedemento de mediación e arbitraxe. De manterse o desacordo nesta comisión, calquera das partes adoptará as medidas que consideren oportunas para a defensa dos seus intereses.

Procedemento de actuación en materia de conflicto colectivo e folga:

Convencidas as partes de que un descenso da litixiosidade redundará en beneficio dun mellor clima laboral, e coa finalidade de lograr unhas máis baixas cotas de conflictividade, establécese que nos conflictos colectivos de traballo que se indican, e que durante a vixencia do convenio puideran suscitarse, serán sometidos obrigatoriamente á Comisión de Vixilancia e Interpretación.

A Comisión de Vixilancia e Interpretación deberá actuar ante:

-Convocatorias de folga.

-Conflictos de interpretación ou aplicación do convenio colectivo.

-Conflictos de interese no ámbito das relacións colectivas de traballo.

A Comisión de Vixilancia e Interpretación do convenio actuará como órgano de conciliación, mediación e arbitraxe en tódolos conflictos colectivos, sen prexuízo das actuacións administrativas ou xudiciais, ou de aplicación do previsto no artigo seguente sobre solución voluntaria de conflictos.

Como principio xeral establécese o de boa fe, na negociación da solución dos conflictos e folgas.

Estarán lexitimados para inicia-los citados procedementos aqueles suxeitos que, de conformidade coa lexislación vixente, se encontren facultados para promover conflictos colectivos e folgas.

As resolucións, acordos, dictames ou recomendacións da comisión adoptada por maioría por cada unha das partes, serán vinculantes e resolutorias.

De non chegarse a acordo e iniciarse a conseguinte folga ou conflicto colectivo, as partes en calquera momento poderán pedir de novo a intervención en arbitraxe da Comisión de Vixilancia e Interpretación, sendo esta a que dicte a resolución vinculante que corresponda.

O traballador que estime lesionados os seus dereitos individuais, poderá exerce-las accións legais que estime oportunas.

Artigo 7º.-Solución voluntaria de conflictos.

O presente convenio colectivo, no seu compromiso arbitral, vincúlase voluntaria e expresamente ó sistema de resolución de conflictos da Comunidade Autónoma galega, salvo que a cuestión sometida ó mesmo teña repercusión sobre a normativa orzamentaria aplicable, así como ós seus procedementos e normas adicionais previstas.

Serán susceptibles de someterse ó dito sistema aquelas controversias ou diferencias laborais que correspondan a unha pluralidade de persoas ou nas que a interpretación, obxecto da diverxencia, afecte a intereses colectivos suprapersoais.

Capítulo II

Dirección e control do traballo

Artigo 8º.-Dirección e control do traballo.

O traballador virá obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas responsables da Autoridade Portuaria da Coruña. Estes poderán adopta-las medidas máis oportunas para a vixilancia e control das obrigacións e deberes laborais, gardando na súa adopción e aplicación a consideración debida á súa dignidade e tendo en conta a capacidade real dos traballadores diminuídos, se é o caso.

Cando a Autoridade Portuaria contemple a execución de obras de conservación que non sexan, a criterio seu, de urxente execución e que non requiran a utilización de equipos, medios ou especialidades dos que careza a mesma, esta consultará os representantes legais dos traballadores sobre a posibilidade de realiza-las ditas obras polo persoal do mesmo, sempre que o seu custo, incluídos tódolos gastos do persoal que interveña, o prazo e calidade sexan adecuados, e sen que iso supoña o abandono doutros traballos que teñan, a xuízo da Autoridade Portuaria, prioridade sobre os consultados. A representación legal dos traballadores deberá contestar nun prazo máximo de 7 días naturais.

Os responsables da Autoridade Portuaria da Coruña reuniranse cunha periodicidade mensual, e o director, de non poder estar presente, garantirá a súa asistencia ás mesmas con carácter trimestral cos representantes legais e sindicais dos traballadores, para efectos de informar do desenvolvemento do traballo por seccións e recibir suxestións sobre o mes

mo, informando ademais das necesidades de cadro de persoal así como dos seus plans de empresa, e situación económica.

Artigo 9º.-Certificacións.

A Autoridade Portuaria da Coruña, dentro das súas competencias, está obrigada a entregar ó traballador, por instancia súa, certificado acreditativo do tempo de servicios prestados, clase de servicios prestados, clase de traballo realizado, emolumentos percibidos, así como calquera otra circunstancia relativa á súa situación laboral.

En tódolos supostos, as anteriores certificacións deberán ser visadas polo presidente ou persoa en quen delegue.

Capítulo III

Selección, contratación e promoción

Os artigos contidos neste capítulo han de axustarse á normativa xeral orzamentaria e sobre emprego vixente en cada momento.

Artigo 10º.-Contrato temporal.

A contratación temporal de persoal rexerase polas normas xerais que regulen cada modalidade de contratación, e polo regulado no presente convenio na medida que legalmente corresponda.

As partes lexitimadas acordan que os órganos de xestión e/ou goberno da Autoridade Portuaria da Coruña elixirán as duracións que en cada momento máis se axusten ás súas necesidades, de entre as seguintes modalidades:

Contratos eventuais de ata seis meses nun período de referencia de doce meses.

Contratos eventuais de ata trece meses e medio nun período de referencia de 18 meses.

Contratos eventuais de ata 4 meses de duración para a substitución de persoal en período vacacional.

Se se acorda unha duración inferior ás citadas, poderá alcanzarse o máximo cunha soa prórroga.

Nun prazo de 3 meses da entrada en vigor do presente convenio, unha comisión paritaria formada para o efecto, e composta de tres membros por cada parte, determinará as actividades que serán obxecto de contratación de traballadores eventuais, así como as actividades que poidan cubrirse con contratos de obra ou servicio determinado, e aqueloutros contidos susceptibles de estudio con base no establecido no artigo 12º do presente convenio.

Artigo 11º.-Cadros de persoal.

O cadro do persoal será aprobado polo Consello de Administración, de acordo coas normas legais sobre a materia, co preceptivo informe dos representantes legais e sindicais dos traballadores podendo solicita-la Autoridade Portuaria da Coruña cantos informes complementarios estime necesarios para maior coñecemento.

Artigo 12º.-Ingresos de persoal.

A selección e contratación do persoal de novo ingreso, xa sexa fixo ou temporal, axustarase á normativa xeral sobre emprego vixente en cada momento e realizarase de acordo coas necesidades a cubrir e con sistemas baseados en principio de igualdade, de mérito e capacidade e mediante convocatoria pública, tendo en conta as excepcións que, sobre o persoal temporal, poida establece-la comisión referenciada no artigo 10º do presente convenio.

Reservarase o 80% dos postos ofertados a promoción interna.

Na elaboración das bases e na valoración, realización e cualificación dos méritos e probas, participarán dous representantes do persoal que serán designados polo comité de empresa e, se é posible, serán de igual ou superior categoría á da praza que se vai cubrir, respectándose en todo caso a autonomía da representación dos traballadores para a designación dos representantes, debendo garda-lo sixilo profesional ó que fai referencia o artigo 65 do Estatuto dos traballadores. A representación da Autoridade Portuaria estará composta por un presidente, un secretario e un vocal, todos eles designados polo presidente da Autoridade Portuaria e contarán con voz e voto.

Establécese como regra xeral o seguinte baremo:

1) 70% de aptitude profesional, como mínimo.

2) 20% por titulacións, experiencia e coñecemento de idiomas que se correspondan coa natureza da praza a cubrir, como máximo.

3) 10% por circunstancias persoais, como máximo, por pertenza á sección, e outras para establecer de mutuo acordo entre as partes (ter pertencido ó cadro de persoal da Autoridade Portuaria da Coruña, ou outras autoridades portuarias, con contratos temporais).

Aptitude profesional: estableceranse en xeral como probas de aptitude as seguintes:

-Proba teórica.

-Proba práctica.

-Proba física.

-Test psicotécnico.

-Entrevista.

Todas estas probas puntuaranse do 1 ó 10 debéndose superar cada unha delas cun mínimo de 5 puntos.

Méritos profesionais:

-Experiencia profesional.

-Méritos académicos adicionais.

-Idiomas.

Circunstancias persoais:

Entenderase por estas, aquelas relacionadas coa súa personalidade ou circunstancias que poidan afecta-lo desempeño laboral no posto de traballo ó que opte.

Os candidatos, que non obtendo a praza, cumprisen os requisitos e superasen as probas de aptitude, poderán ser seleccionados para contratacións en réxime de interinidade respectando a orde das puntuacións obtidas e durante o ano posterior á realización das probas.

Artigo 13º.-Clasificación do persoal segundo a súa permanencia.

O persoal da autoridade portuaria clasifícase en fixo e temporal. Enténdese por persoal fixo o que se contrata por tempo indefinido, unha vez superado o concurso-oposición ou concurso de méritos correspondente para que as súas prestacións se prolonguen no tempo sen límite na súa duración; e por persoal temporal, o que se contrata por tempo determinado, tendo en conta o establecido no artigo 10º deste convenio.

Sen prexuízo de respecta-lo establecido na normativa laboral vixente, a Autoridade Portuaria da Coruña manterá unha estructura de persoal fixo adecuada ás súas necesidades laborais permanentes.

A Autoridade Portuaria da Coruña dará a coñecer ós representantes legais dos traballadores a estructura do cadro de persoal e o organigrama funcional, unha vez aprobado polo órgano competente e en todo caso antes do 31 de decembro de cada ano, que deberá conter polo menos os seguintes datos: número de matrícula, antigüidade recoñecida, categoría profesional, nivel de convenio e destino real.

Artigo 14º.-Clasificación segundo a súa función.

Tódolos traballadores serán clasificados individualmente de acordo coa categoría, funcións e tarefas do posto de traballo que desempeñen.

As categorías profesionais recollidas no vixente convenio marco non supoñen a obrigación de telas cubertas na Autoridade Portuaria da Coruña, se as necesidades do servicio e volume de tráfico non as requiren.

Se xurdise algunha tarefa nova ou función non prevista na definición de postos de traballo do I convenio marco, será obxecto de asimilación pola Autoridade Portuaria da Coruña, correspondendo a aprobación definitiva á comisión paritaria do convenio marco.

Artigo 15º.-Promoción profesional.

Con carácter excepcional, ó persoal do que a antigüidade nesta Autoridade Portuaria da Coruña ou outro ente público portuario, sexa anterior a 1 de xaneiro de 1993, non se lle esixirá titulación ningunha para concursar a aquel posto que non leve aparellada titulación específica indispensable.

Nos demais casos, as titulacións mínimas esixibles serán as seguintes:

Niveis 1 ó 4: título de graduado escolar ou equivalente.

Niveis 5 ó 8: título de FP1 ou equivalente.

Niveis 9 e 10: título de FP2, BUP, COU ou equivalente.

Niveis 11 e 12: título de grao superior (licenciaturas, diplomaturas, enxeñerías técnicas ou equivalentes).

Enténdese por equivalente calquera titulación que veña substituí-las anteriormente mencionadas, segundo a nova ordenación académica establecida pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE).

Os postos adxudicaranse sempre ós aspirantes que obteñan a maior puntuación final, e en caso de empate promocionará ó traballador de máis antigüidade.

Respecto ás prazas para convocar e á composición dos tribunais rexerá o regulado no artigo 12º do presente convenio.

Artigo 16º.-Dotacións de persoal.

As modificacións das dotacións de persoal serán aprobadas polo ente público Portos do Estado, sobre a base das necesidades de persoal formuladas pola autoridade portuaria, co preceptivo informe dos representantes dos traballadores que deberán emitilo no prazo máximo de 15 días naturais.

Capítulo IV

Xornada e horario de traballo

Artigo 17º.-Xornada laboral.

A xornada anual máxima para o persoal afectado polo presente convenio, fíxase en 1.687 horas de traballo efectivo.

A xornada semanal será de 37,5 horas de traballo efectivo de media en cómputo cuadrimestral podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal.

Nos réximes de quendas rexerá o regulado no artigo 19º do presente convenio, podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal, respectando o mesmo cómputo e con un mínimo de 16 e un máximo de 22 xornadas ó mes, salvo os acordos vixentes ou outros que se alcancen cos representantes legais dos traballadores.

Polo que se refire ó traballo nocturno, rexerá o disposto no artigo 19º deste convenio.

Respectando a anterior regulación, a Autoridade Portuaria adaptará a distribución da xornada ás súas necesidades, de acordo co comité de empresa.

A Autoridade Portuaria elaborará, no mes de xaneiro de cada ano, o calendario laboral, de acordo cos representantes dos traballadores. Unha vez aprobado farase público no taboleiro de anuncios.

Entenderanse como xornadas específicas as dos traballadores dos cales a natureza e características

especiais de traballo o requiran en cada caso, tales como os técnicos de sinais marítimos.

Respectaranse as xornadas máis beneficiosas existentes na Autoridade Portuaria ata o 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 18º.-Descanso dominical e en días festivos.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas se traballe en domingo ou día festivo, coa excepción prevista para Nadal e fin de ano, percibirase con cargo ó complemento de flexibilidade horaria unha contía igual para tódalas categorías profesionais con base no cadro que figura no anexo.

Así mesmo cando a xornada dominical ou festiva sexa inferior a 4 horas terase dereito a media xornada de descanso. Se se superan as 4 horas e ata un máximo de 8 horas o tempo de descanso será dunha xornada, dentro dun período de tempo razoable e en día laborable. A Autoridade Portuaria procurará, como norma xeral, que este sexa o seguinte ó festivo.

O anteriormente establecido non será de aplicación ó persoal suxeito a quendas adscritas ás modalidades A e B, segundo o regulado no artigo 32º.

Artigo 19º.-Traballo a quendas e traballo nocturno.

No caso excepcional de que un traballador sometido a quendas tivese que prolonga-la súa xornada, sen que poida supera-las dúas horas, por ausencia imprevista do traballador que debía continua-la quenda, percibirá o complemento de flexibilidade horaria na modalidade B na contía que proceda.

O traballo nocturno verá incrementada a súa retribución nun 30% do salario base, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Os traballadores nocturnos ós que se recoñezan problemas de saúde ligados ó feito do seu traballo nocturno terán dereito a ser destinados a un posto de traballo diúrno que exista na Autoridade Portuaria e para o que sexan profesionalmente aptos.

As mulleres embarazadas ou en período de lactación, non traballarán entre as 22 horas e as 6 horas.

A percepción do complemento de quendas nas modalidades A e B é incompatible coa nocturnidade.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Son horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria en cómputo cuadrimestral.

Ó persoal que efectúe horas extraordinarias de realización obrigatoria e que por iso non poida efectuar no seu horario habitual algunha das comidas principais aboaráselle a axuda de comida para persoal embarcado prevista no artigo 32º do presente convenio, sempre que non lle sexa facilitada a mesma pola autoridade portuaria.

As horas extraordinarias denominadas de tipo B polo I convenio marco, compensaranse con tempo de descanso na proporción de 1,75 horas de descanso por hora traballada. Este descanso realizarase de

acordo coas necesidades do servicio, logo de petición do interesado.

A determinación das ditas horas, levarase a cabo por acordo entre a autoridade portuaria e a representación legal dos traballadores.

Una vez establecido o oportuno acordo, a autoridade portuaria remitirá á autoridade laboral escrito con especificación das horas definidas como tipo B, así como a relación de traballadores a que afectan.

Se houbese desconformidade pola representación legal dos traballadores, esta deberá manifestalo no prazo de 5 días hábiles expresando as causas. Transcorrido o prazo sen manifesta-la desconformidade, a autoridade portuaria remitirao á autoridade laboral.

Tódolos meses darase información ós representantes legais dos traballadores do número e tipo de horas extraordinarias realizadas no mes anterior.

Capítulo V

Vacacións e licencias

Artigo 21º.-Vacacións.

De mutuo acordo poderanse fracciona-las vacacións en dous períodos de 15 días naturais que deberán comeza-los días 1 ó 16 do mes de que se trate. En tal caso a suma total dos períodos de vacacións será de 30 días naturais. Excepcionalmente, a autoridade portuaria poderá estudiar outros períodos solicitados.

Cando excepcionalmente e se por necesidades do servicio se tivesen que desfruta-las vacacións fóra do período vacacional indicado no artigo 12º do I convenio marco, terase dereito a desfrutar dun período de descanso adicional dunha semana natural. A Autoridade Portuaria poderá optar por substituír este período de descanso pola súa compensación económica equivalente. En tal caso, a retribución imputarase ó complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais. En todo caso, antes de proceder á determinación dos traballadores afectados por esta circunstancia, solicitaranse voluntarios e, só no caso de non cubrirse, acudirase á obrigatoriedade, aplicando criterios de rotación.

No suposto de ter que recorrer á obrigatoriedade, o traballador poderá optar entre o período de descanso adicional ou a súa compensación económica equivalente, quedando, en todo caso, a opción do descanso supeditada ás necesidades do servicio.

A retribución do período de vacacións estará integrada polos seguintes conceptos: salario base mensual, antigüidade, complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, complemento de quendas, complemento de xornada partida, complemento de irregularidade horaria e complemento de especial responsabilidade.

O persoal afectado por este convenio deberá concretar por escrito, durante o mes de novembro do ano anterior ó do seu desfrute, o período de vacacións que desexa para que, unha vez planificadas as nece

sidades dos servicios e oída a representación dos traballadores, se elabore e publique cada ano no taboleiro de anuncios o calendario vacacional, respectando o criterio de rotación anual. Os traballadores coñecerán a planificación das vacacións no mes de xaneiro e en todo caso, a data de desfrute quedará fixada tres meses antes, como mínimo, á do comezo das súas vacacións, salvo no suposto de excepcionalidade establecido no segundo parágrafo deste artigo.

Procurarase que os traballadores que formen matrimonio poidan desfrutar do mesmo período vacacional.

Artigo 22º.-Licencia sen retribución.

O persoal que cumprise polo menos un ano de servicio efectivo poderá solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses. As ditas licencias seranlles concedidas dentro dos trinta días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de seis meses cada dous anos.

Capítulo VI

Xubilación

Artigo 23º.-Premio á xubilación voluntaria.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente ós 64 anos, segundo o establecido no artigo 15º do I convenio marco, percibirán un premio de 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

Capítulo VII

Acción social

Artigo 24º.-Formación profesional.

Segundo o que establece o convenio marco en materia de formación, no ámbito desta autoridade portuaria constituirase, nun prazo non superior a 3 meses, a comisión paritaria de formación, composta de tres membros por cada parte, sendo a representación social nomeada polo comité de empresa.

A dita comisión participará na elaboración das necesidade de accións formativas, de acordo co establecido no artigo 22 do I convenio marco.

Procurarase, na medida do posible, que a impartición dos cursos sexa o máis cerca posible dos centros de traballo.

Artigo 25º.-Comedores.

A Autoridade Portuaria da Coruña, mantén o servicio de comedor, para o que ten asignado o importe que figura na masa salarial correspondente ó ano 1999 que é de 4.729.091 pesetas (28.422,41 euros).

Artigo 26º.-Préstamos reintegrables, para vivenda e anticipos.

a) Préstamos reintegrables:

Para atender necesidades urxentes de índole persoal ou familiar, que non admitan demora, que estean

debidamente xustificadas e sempre que exista para tal fin orzamento dispoñible na autoridade portuaria, respectándose en todo caso a orde de petición, establécese a concesión a favor dos traballadores rexidos polo presente convenio, a posibilidade de obter préstamos en contía de ata 750.000 pesetas (4.507,59 euros), reintegrables nun prazo máximo de 36 meses a descontar, na proporción que resulte, da súa nómina de haberes mensuais.

Tales préstamos, que non devengarán xuro ningún, deberán solicitarse xuntando á petición a documentación acreditativa e demais medios de proba necesarios para a súa concesión.

En ningún caso se concederá ningún préstamo sen a previa amortización do anterior.

b) Préstamos para vivendas:

A autoridade portuaria poderá conceder ó persoal préstamos de ata 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros), para a achega inicial adquisitiva de vivendas ou para a reparación delas, se existise crédito correspondente no seu orzamento.

A súa devolución e reintegro axustarase ás normas aplicables e o seu prazo de devolución non poderá ser superior a 10 anos.

c) Anticipos.

Para outros fins diferentes ós indicados anteriormente, poderán solicitarse anticipos por importe de ata dos mensualidades de haberes, a reintegrar nas condicións establecidas para os préstamos reintegrables. Estes anticipos non devengarán xuro ningún e seralles de aplicación o réxime fiscal que proceda.

Artigo 27º.-Incapacidade temporal.

O traballador que estea en situación de incapacidade temporal percibirá desde o primeiro día da mesma un complemento, con cargo á autoridade portuaria, sobre a prestación de Seguridade Social correspondente, ata completa-lo 100% das súas percepcións, entendéndose por tales o salario base mensual, a antigüidade, o complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, o complemento de quendas, o complemento de irregularidade horaria, o complemento de xornada partida e o complemento de especial responsabilidade e dedicación ata un máximo de 12 meses, salvo que, con anterioridade ó transcurso do dito prazo, se produza resolución expresa do INSS, na que se declare prorrogada a situación de IT, nese caso, o prazo máximo de duración será de 18 meses.

Co fin de reduci-lo posible absentismo, naqueles entes públicos nos que o índice de absentismo no ano anterior fose do 5% ou máis, na segunda IT e sucesivas derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, que se puideran producir durante o ano, salvo que medie hospitalización, o traballador percibirá este complemento a partir do sexto día. Para os efectos de establece-lo absentismo global rexerá o disposto no artigo 52 d) do Estatuto dos traballadores.

O traballador será privado deste complemento, sen prexuízo doutras sancións a que haxa lugar, se se comprobase que a incapacidade temporal é finxida ou maliciosamente provocada.

No control do absentismo colaborarán os representantes dos traballadores.

Artigo 28º.-Acción social para xubilados.

A autoridade portuaria facilitará a participación do persoal xubilado nas actividades de tipo social, cultural ou recreativo, que se organicen con carácter xeral, procurando, se iso fora posible, proporcionar un local adecuado para tales efectos.

Artigo 29º.-Plan de pensións.

Durante o ano 2001 as partes comprométense a estudia-la viabilidade de establecer un plan de pensións que, se é o caso, se constituirá con achegas da Autoridade Portuaria da Coruña e dos traballadores.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 30º.-Medidas de protección do persoal e vestiario.

A autoridade portuaria facilitarales ós traballadores os medios e tipos de protección persoal adecuados ós traballos que realicen. En todo caso facilitaranse, cando o tipo de traballo o requira, dous equipos de pezas de roupa de traballo ó ano e un anorak, un forro polar e dúas toallas cada dous anos.

Os traballadores deberán, necesariamente, utilizar durante a xornada laboral, a roupa de traballo e os medios de protección que se lles facilite, conforme os acordos do Comité de Seguridade e Saúde que será competente para establece-la calidade deles, tipos de pezas de roupa, períodos de entrega e renovación delas.

Con carácter xeral, tanto as pezas de roupa de verán como de inverno procurarán facilitarse nunha única entrega.

Artigo 31º.-Servicio de prevención.

Durante a vixencia deste convenio colectivo, a Autoridade Portuaria da Coruña estudiará a viabilidade de constituír un servicio de prevención propio.

Capítulo IX

Estructura salarial

Artigo 32º.-Complementos salariais.

A) Complementos de posto de traballo.

Enténdese por complementos de posto de traballo aqueles que percibe o traballador por razón das características do posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non terán carácter consolidable.

1) Complemento de embarque ou axuda de comida.

Os traballadores que por necesidades do servicio e orde dos seus superiores teñan que realiza-lo seu traballo a bordo de embarcacións ou noutras instalacións do servicio asimilables a aquelas, en circunstancias que lles impidan pernoitar na súa residencia ou realiza-las súas comidas principais no sitio en que normalmente as efectúa, sexa este a súa casa ou lugar habitual de traballo, percibirán unha axuda de comida para persoal embarcado (complemento de embarque) nas seguintes condicións:

a) Se pernoitan e realizan as dúas comidas principais, nas condicións sinaladas no parágrafo anterior, o importe do complemento será o que se fixa no anexo.

b) Se realizan as dúas comidas principais, percibirán o 80% do dito complemento.

c) Se realizan unha soa comida principal, percibirán o 50% do dito complemento.

Para estes efectos, non corresponderá indemnización ningunha cando as comidas as facilite gratuitamente a autoridade portuaria, salvo que pernoiten; nese caso percibirán o 20% do complemento de embarque.

2) Complemento de inmersión.

Todo o persoal que, coa titulación adecuada para os traballos que hai que realizar, efectúe estes en inmersión, recibirá un complemento cunha contía fixada no anexo, e compensará o tempo realmente traballado co 25% en tempo de descanso.

3) Complemento de quendas.

3.1) Modalidades:

A) Modalidade: 3 quendas.

A.1) 7 días á semana:

Cando os traballadores, pola natureza da actividade que desenvolven, teñan que traballar en quendas rotatorias durante as 24 horas do día, incluídos domingos e festivos, percibirán un complemento na contía establecida no anexo, modalidade A, incrementada co importe que figura no anexo por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A.2) Só días laborais:

Cando tales quendas non inclúan domingos nin festivos, percibirán exclusivamente a contía establecida no anexo, modalidade A.

B) Modalidade: 2 quendas con nocturnos e festivos.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e noite ou tarde e noite tódolos días da semana, incluídos domingos e festivos, percibirase a contía correspondente á modalidade B, incrementada co importe que figura no anexo por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

C) Modalidade: 2 quendas só días laborables en xornada diúrna.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e tarde tódolos días laborables aboarase a modalidade C. Esta só poderá autorizarse con carácter temporal e excepcional.

3.2) A percepción do complemento de quendas en calquera das súas modalidades será incompatible con:

-Complemento de xornada partida;

-Complemento de irregularidade horaria;

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Nocturnidade.

B) Complementos por calidade ou cantidade de traballo: productividade.

O complemento de productividade retribuirá o especial rendemento, a actividade e dedicación extraordinaria, o interese ou iniciativa con que se desempeñen os postos de traballo, sempre que redunden en mellora-lo resultado do mesmo.

A valoración da productividade realizarase en función de circunstancias relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e a consecución dos resultados ou obxectivos asignados ó mesmo.

O dereito ó devengo desta modalidade de complementos lígase á permanencia das circunstancias que determinasen o seu recoñecemento inicial, decaendo en tal dereito o perceptor no momento en que se constate a desaparición de tales circunstancias, excepto o complemento de mobilidade funcional, que por ter carácter estructural, é de asunción obrigatoria. En ningún caso, por tanto, as contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo, a excepción do mencionado complemento, orixinarán dereito individual ningún respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

Terán a consideración de complementos de productividade os que a continuación se detallan e dos que cuantificación económica se recolle no anexo.

1) Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

Establécese este complemento co obxecto de incentiva-la participación dos traballadores nos procesos de mellora derivados da implantación e desenvolvemento dos plans de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, en coordinación cos obxectivos fixados no plan de empresa, incluíndo a súa dispoñibilidade fóra da súa quenda normal de traballo e que por necesidades sobrevidas e non planificadas fan necesaria a presencia do traballador para atende-las ditas necesidades nos servicios correspondentes, non debendo supera-la xornada laboral establecida en cómputo cuadrimestral.

Este complemento é incompatible con:

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de flexibilidade horaria, modalidade A.

2) Complementos de xornada flexible.

A) Complemento de flexibilidade horaria.

O obxectivo deste complemento é compensar aquel persoal que realice efectivamente traballos fóra do seu horario habitual.

Este complemento supón a substitución e absorción de tódolos complementos locais de dispoñibilidade efectiva e calquera de natureza análoga.

A flexibilidade horaria enténdese como a asistencia ó posto de traballo fóra do horario establecido por circunstancias diversas (remate de buque, avaría, traballos urxentes, etc...). En ningún caso poderán realizarse máis de dúas horas diarias polo mesmo traballador.

Cando a flexibilidade implique modificacións no horario regular sen supera-las 37,5 en cómputo cuadrimestral, percibirase o complemento na súa modalidade A.

Cando a flexibilidade implique variación no horario regular que supere as 37,5 en cómputo cuadrimestral, percibirase por cada hora en exceso o complemento de flexibilidade na súa modalidade B.

Este complemento é incompatible con:

-Nocturnidade;

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación;

-Complemento de irregularidade horaria;

-Horas extraordinarias.

-Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

B) Complemento por cambio de quenda.

A compensación económica por cambio de quenda está dirixida a todo o persoal que desenvolva o seu traballo en réxime de quendas, co obxecto de compensar economicamente o efectivo cambio de quenda por necesidades de servicio.

A permanencia na quenda á que se cambie, non xerará dereito de devengo deste complemento. Será de pagamento único cada vez que se cambie da quenda habitual, non considerándose cambio a volta ó seu cadrante. Os cambios de quenda non superarán os 8 ó ano por traballador nin os 7 días consecutivos en cada cambio.

Establécese unha contía económica fixa de 4.000 pesetas (24,04 euros).

C) Complemento de irregularidade horaria.

Terán dereito á percepción deste complemento todos aqueles traballadores adscritos ós seguintes postos:

-Técnicos mecánicos de sinais marítimos.

-Conserxes e ordenanzas

-Conductores (de presidencia e dirección).

-Oficial destinado en carros varadeiros

que, por circunstancias inherentes ós seus respectivos postos de traballo requiran, a xuízo da dirección, someterse a total dispoñibilidade sen suxeición ó horario regular.

Este complemento será incompatible cos seguintes complementos:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de quendas.

-Nocturnidade.

-Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

Salvo para o colectivo de técnicos mecánicos de sinais marítimos, que percibirán en concepto de productividade este complemento, o de mobilidade funcional e o de especial responsabilidade e dedicación, sen devengar ningún complemento de posto de traballo.

3) Complemento de xornada partida.

Percibirán o complemento de xornada partida aqueles traballadores que habitual e efectivamente realicen o dito horario.

A percepción do complemento de xornada partida absorberá toda axuda de comida que, ata a data se viñese percibindo, excepto naqueles casos que exista autorización expresa en masa salarial por comedor de empresa. O complemento de xornada partida é incompatible con:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de quendas.

4) Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

O obxectivo do dito complemento será compensar aqueles traballadores dos cales os postos de traballo, tendo o carácter de xestión, mando e confianza e sempre que non deban realizarse en réxime de quendas, leven implícito nas súas funcións un elevado grao de responsabilidade e de toma de decisión, así como unha dispoñibilidade absoluta ás necesidades do servicio, sendo fixadas estas circunstancias polo director da autoridade portuaria.

Este complemento asignarase a:

-Os postos de niveis 11 e 12.

-A/o secretaria/o do presidente.

-Os postos de niveis 9 e 10 que determine o director do ente, tendo en conta a definición deste complemento.

-Os técnicos mecánicos de sinais marítimos.

Este complemento será incompatible cos seguintes:

-Complementos de xornada flexible.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de quendas.

-Nocturnidade.

-Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

-Complemento de irregularidade horaria, excepto para os técnicos mecánicos de sinais marítimos.

5) Complemento traballo Nadal e/ou fin de ano.

O persoal que traballe desde as 22 horas dos días 24 ou 31 de decembro ata as 22 horas dos días 25 de decembro ou 1 de xaneiro, percibirá un complemento de acordo coa contía establecida de 10.000 pesetas (60,10 euros). Para tódalas categorías profesionais, compatible con tódolos complementos e xornadas establecidas.

A asignación do persoal ó servicio nos días indicados realizarase de forma rotatoria entre tódolos efectivos asignados ó mencionado servicio.

Disposición adicional

A parte empresarial comprométese á representación e defensa xurídica de tódolos traballadores que a título individual ou de forma colectiva puideran verse implicados polo desempeño das súas funcións por accións xudiciais na súa contra.

Disposición transitoria

Primeira.

A mesa negociadora do presente convenio encomenda á Comisión de Vixilancia e Interpretación del, as revisións salariais dos anos 2002 e 2003.

Os trámites desta revisión iniciaranse por instancia de calquera das partes, e quedarán supeditadas á finalización das negociacións establecidas na disposición transitoria primeira do I convenio marco de relacións laborais de portos do Estado e autoridades portuarias.

Segunda.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo e mentres non se constitúa o plan de pensións, continuarase ingresando a cargo do fondo de fins sociais, a cantidade proporcional que correspondía dos 15.332.717 pesetas procedentes dos economatos (artigo 50º, apartado B do I convenio colectivo de portos do Estado e autoridades portuarias).

Terceira.

As retribucións correspondentes ó exercicio 1999 son aquelas que figuran no I convenio marco de relacións laborais de portos do Estado e autoridades portuarias.

Disposición derradeira

Normativa aplicable.

Para todo o non previsto neste convenio, será de aplicación o establecido no I convenio marco de relacións laborais de portos do Estado e autoridades portuarias, o Estatuto dos traballadores e demais leis xerais e disposicións regulamentarias en vigor.

Disposición derrogatoria

A partir da entrada en vigor do presente convenio, quedan derrogados e substituídos tódolos acordos, complementos anteriores amparados no I convenio colectivo de portos do Estado e autoridades portuarias.

ANEXO

Complemento de irregularidade horaria

Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

12

11

10

933.465201,1334.134205,15

833.465201,1334.134205,15

730.720184,6331.334188,32

629.330176,2829.917179,80

5

421.945131,8922.384134,53

3

2

1

Complemento especial responsabilidade

Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

1243.890263,7844.768269,06

1141.700250,6242.534255,63

1039.500237,4040.290242,15

936.210217,6336.934221,98

Complemento especial responsabilidade

Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

818.000 (1)108,1818.360 (1)110,35

7

6

5

4

3

2

1

(1) Corresponde ós TT.MM.SS.MM.

Complemento de xornada partida

Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

12

11

1023.850143,3424.327146,21

922.150133,1222.593135,79

820.440122,8520.849125,31

718.745112,6619.120114,91

617.425104,7317.774106,82

5

416.04096,4016.36198,33

3

215.56093,5215.87195,39

115.38592,4715.69394,32

Complemento cambio de quenda

Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

12

11

10

94.00024,044.08024,52

84.00024,044.08024,52

74.00024,044.08024,52

64.00024,044.08024,52

5

44.00024,044.08024,52

3

24.00024,044.08024,52

14.00024,044.08024,52

Complemento de flexibilidade horaria

Ano 2000Ano 2001

Modalidade AModalidade BModalidade AModalidade B

NivelPtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros A

12

11

101.0766,472.53515,241.0986,602.58615,54

91.0306,192.39514,391.0516,322.44314,68

89135,492.13012,809315,602.17313,06

78475,091.99011,968645,192.03012,20

68114,871.89511,398274,971.93311,62

5

47604,571.76010,587754,661.79510,79

3

27404,451.71510,317554,541.74910,51

17244,351.68010,107384,441.71410,30

* Festivos por flexibilidade horaria 2000: 5.488 ptas. (32,98 A).

* Festivos por flexibilidade horaria 2001: 5.598 ptas. (33,64 A).

Complemento de quendas

Quendas AQuendas B

Ano 2000Ano 2001Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros A

12

11

10

9

23.270139,8623.735142,6520.660124,1721.073126,65

820.830125,1921.247127,7018.445110,8618.814113,07

719.490117,1419.880119,4817.255103,7017.600105,78

618.045108,4518.406110,6216.02096,2816.34098,21

5

417.250103,6717.595105,7515.24591,6215.55093,46

3

216.750100,6717.085102,6814.85089,2515.14791,04

116.45598,9016.784100,8714.56587,5414.85689,29

Quendas CFestivos (1)

Ano 2000Ano 2001Ano 2000Ano 2001

NivelPtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros APtas.Euros A

12

11

10

9

10.61863,8210.83065,094.55427,374.64527,92

89.54757,389.73858,534.55427,374.64527,92

78.91053,559.08854,624.55427,374.64527,92

68.27749,758.44350,744.55427,374.64527,92

5

47.86947,298.02648,244.55427,374.64527,92

3

27.69646,257.85047,184.55427,374.64527,92

17.52345,217.67346,124.55427,374.64527,92

(1) Complemento traballo de Nadal e/ou Fin de Ano (2001): 10.000 ptas. (60,10 A).

* Complemento de embarque 2000: 3.249 ptas. (19,53 A).

* Complemento de embarque 2001: 3.314 ptas. (19,92 A).

* Complemento de inmersión 2000: 648 ptas. (3,89 A).

* Complemento de inmersión 2001: 661 ptas. (3,97 A).

Complemento calidade, seguridade e prevención

Ano 2001Ano 2002

NivelPtas.Euros APtas.Euros A

12

11

107.38844,407.53645,29

96.97641,937.11642,77

86.20037,266.32438,01

75.80834,915.92435,60

65.39232,415.50033,06

5

44.75928,605.23531,46

3

24.62527,805.08830,58

14.54227,304.99730,03

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE