Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

O Concello de Sarria, en conformidade co acordado pola Comisión de Goberno celebrada o 9 de abril de 2002, convoca a seguinte licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: as obras correspondentes ó proxecto técnico de urbanización e dotación de servicios na rúa Velázquez, 2ª fase, tramo sur.

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 46.827,19 euros.

Nos prezos inclúense o IVE correspondente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: trece (13) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

c) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

d) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

9. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de calificación da documentación que se celebrará, pola súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

10. Gastos de anuncios: correrán a cargo do contratista adxudicatario.

Sarria, 2 de maio de 2002.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde