Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio 2001 e ás listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para o ano 2001, e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 2 das normas xerais de procedemento que rexen para o fondo de acción social do ano 2001, publicadas por Resolución do 30 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo

da Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 10 de abril).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 30 de xullo de 2001, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2001.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

euros

Xubilación763327436424.896,32

Diminuídos54748661615.608,90

Fillos menores7.2466.8184281.815.299,57

Estudios traballador1.41276464873.466,24

Estudios fillos20.00216.6313.0861.061.441,83

Vivenda689501188704.243,44

Total30.65925.5274.8474.694.956,30