Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 99/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das

administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 99/2001.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: servicio de realización de probas analíticas en laboratorios externos para o complexo hospitalario.

c) Lotes: 2.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 12, do 17 de xaneiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 122.800 euros.

5. Adxudicación:

Lote: 1.

Data: 27-3-2002.

Contratista: Reference Laboratory, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 57.635,71 A.

Lote: 2.

Data: 27-3-2002.

Contratista: Balague Center, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 51.661,62 A.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser impugnada na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade con disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela