Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de exposición ó público da aprobación inicial da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro.

O pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2002, acordou a aprobación inicial da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro, e segundo establece o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público o citado acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado pola empresa A.D.I.U, S.L.

Segundo.-Acorda-la suspensión de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición, en todo o termo municipal, durante o prazo dun ano, de conformidade co establecido no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, facendo constar que, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo plan xeral. En calquera caso a suspensión extínguese coa aprobación definitiva do planeamento.

Terceiro.-Somete-lo documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal e o expediente administrativo a información pública, durante o prazo dun mes máis 15 días hábiles, mediante inserción de anuncios no taboleiro de edictos na casa do concello, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo desde a publicación do derradeiro anuncio, podendo, en consecuencia, nese prazo por calquera interesado, examina-lo documento do plan e o expediente, así como formula-las alegacións que coiden oportunas.

Cuarto.-Dar audiencia, durante o prazo citado dun mes máis 15 días hábiles, a tódolos concellos limítrofes, para que poidan alega-lo procedente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Barro, 16 de abril de 2002.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde