Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento da praza do Conde, rúa Inmaculada, avenida do Torreón e avenida Saavedra Meneses.

O Pleno do Concello de Pontedeume, en sesión plenaria do día 26 de marzo de 2002, aprobou con carácter definitivo o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Pontedeume, relativa á praza do Conde, rúa Inmaculada. avda. do Torreón, e avda. Saavedra Meneses.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación (artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndose que tamén se poderá utilizar calquera outro que coide pertinente e exercerse as accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Pontedeume, 2 de abril de 2002.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde