Tendo en conta o artigo 31, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156 do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Código do centro: 36016681.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria O Meixoeiro.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Carlos Casares.

 
 
 
 