Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A. (servicio de augas do concello de Noia), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o día 1-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunicade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente
nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 3 de maio de 2002.
P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)
Ana Lado Eiriz
Secretaria provincial da Coruña
En Noia, ás trece horas do día un de febreiro de dous mil dous, reúnese a comisión mixta do convenio colectivo de Gestión y Técnicas de Agua, S.A., para as actividades do denominado ciclo integral da auga do centro de traballo de Noia.
Dunha parte, José Luis Vázquez Leis, Celestino Trillo Blanco e Juan Carlos Agraso Castro, na súa calidade de representantes dos traballadores do centro de traballo de Noia.
E doutra parte, Antonio Pérez Morales, en nome e representación de Gestagua, S.A.
ACORDAN:
Primeiro.-Ámbalas partes se recoñecen capacidade e lexitimidade suficientes para fixaren as novas táboas salariais para o ano 2002 do convenio colectivo anteriormente citado.
Segundo.-Aproba-la táboa salarial anexa a esta acta, unha vez efectuada a suba salarial para o ano 2002. Para establecela, partiuse da táboa do ano 2001, máis o incremento establecido no artigo 26 do sinalado convenio para este ano.
A suba salarial aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2002.
Terceiro.-As partes remitirán esta acta, así como o seu anexo, á consellería de Industria e Traballo da Xunta de Galicia, para os efectos legais oportunos.
Representantes dos traballadoresRepresentante da empresa
ANEXO
mensual (euros) anual (euros)
 Grupos Salario base
 Retribución
 
Grupo primeiro 
 Peón 807,01 11.298,19
 Lector 819,33 11.470,67
 Grupo segundo 
 Auxiliar administrativo 822,41 11.513,72
 Oficial 2ª administrativo 831,65 11.643,16
 Oficial 1ª administrativo 843,97 11.815,65
 Oficial 3ª 825,49 11.556,92
 Oficial 2ª 837,81 11.729,40
 Oficial 1ª 850,14 11.901,89
 Grupo terceiro 
 
Capataz 899,42 12.591,84
 
mensual (euros) anual (euros)
 Grupos Salario base
 Retribución
 
Encargado 961,02 13.454,27
 Grupo cuarto 
 Xefe de servicio 1.022,62 14.316,71
 Titulado medio 1.115,03 15.610,36
 Grupo quinto 
 Titulado superior 1.176,63 16.472,80
 
Outros conceptos retributivos
Complemento de dispoñibilidade/gardas: 98,56 euros/semana.
Axudas de custo:
Axuda de custo por comida ou cea: 9,25 euros.
Axuda de custo por aloxamento e almorzo: 36,96 euros.
Quilómetros: 0,20 euros.

 
 
 
 