Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza a Recreativos Garlo, S.L.

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadacion procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor, dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala o anexo.

Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Recreativos Garlo, S.L.

NIF:

Data dilixencia: 4-4-2002.

Descrición do ben: embargo aval crédito e caución nº 692 de 18.030,36 euros.