Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócanse os concursos para a adxudicación das seguintes obras conforme os proxectos técnicos e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante dos contratos:

Disposicións específicas da obra: saneamento e abastecemento de auga a Dadín e Abuín. (Expediente 1C/2002).

Obxecto. É a adxudicación da obra: saneamento e abastecemento de auga a Dadín e Abuín. Lugar: parroquia de Dena.

Orzamento base de licitación da obra: saneamento e abastecemento de auga a Dadín e Abuín. 77.062,17 euros, IVE incluído.

Requisitos específicos do contratista. Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación grupo E, subgrupo 1, categoría C ou a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Disposicións específicas da obra: acceso a núcleos de Altamira-Ameiró. (Expediente 2C/2002).

Obxecto. É a adxudicación da obra: acceso a núcleos de Altamira-Ameiró. Lugar: Meaño.

Orzamento base de licitación da obra: acceso a núcleos de Altamira-Ameiró. 62.752,03 euros, IVE incluído.

Requisitos específicos do contratista. Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación grupo G, subgrupo 4, categoría C ou a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Disposicións comúns.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Meaño.

Órgano: Comisión de Goberno. Dependencia en que se tramitan os expedientes. Secretaría-Intervención.

2. Prazos de execución. Fíxase en catro meses desde a data da realización das comprobacións do replanteo.

3. Garantía. Provisoria: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación.

4. Presentación de proposicións. Formularase proposición económica por cada unha das obras.

Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Meaño (r/ Campo da Feira, nº 1, Meaño) en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez presentada unha proposición non poderá ser retirada baixo ningún precepto. O licitador está obrigado a mante-la súa oferta durante o prazo de catro meses contado desde a apertura das proposicións.

En relación coa admisión de variantes haberá que aterse ó establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5. Documentación. A esixida nas cláusulas 8ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares e segundo os modelos de proposicións contidos na 18ª. En relación co sobre B de documentos, no suposto de que unha empresa se presente á ambalas dúas obras, poderá presentar un sobre B único denominado de documentos coas clasificacións esixidas e facendo referencia ás dúas obras.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Meaño, r/ Campo da Feira, nº 1, Meaño (CP 36968). Teléfono: 986 74 71 02, fax: 986 74 73 91.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación dos concursos. Os que figuran nas cláusulas 10ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de proposicións. A mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións.

9. Gastos de publicación. Serán por conta dos adxudicatarios os anuncios de licitación.

10. Tramitación, procedemento e forma. Tramitación: ordinaria, procedemento: aberto, forma: concurso.

Meaño, 9 de maio de 2002.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde