Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

EDICTO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día 29 de abril de 2002 o expediente de adaptación de escudo heráldico e da bandeira municipal, logo de proposta elaborada ó respecto pola comisión de heráldica, nos seguintes termos:

«Escudo:

De azul (azul), sobre ondas de prata (branco) e azul, a ponte de ouro (amarelo), sumado dun aguia da mesma cor, picada e armada de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.

Bandeira:

Partida ó medio. De azul, coa aguia de amarelo, á hasta, e de amarelo ó batente».

De conformidade co disposto no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, sométese ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello para os efectos de que os interesados poidan formular reclamacións.

Rábade, 2 de maio de 2002.

Francisco Xosé Fernández Montes

Alcalde