A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 3-6-2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado para a ordenación de volumes na unidade de actuación centro sur número 10, (rúa Montirón, rúa Rei don García), do PXOU vixente, que modifica o aprobado polo concello pleno con data do 1-2-1999, promovido por Iesa, S.L. representada por José Díaz Lage.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consoancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 7 de xuño de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de Área

