Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.822

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, do tribunal V-E designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador e demais incluídos nesta categoría) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2002, o tribunal V-E designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador/a, fregador/a,

empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servicio doméstico, mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal servicios xerais) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 7 de xullo de 2002 no recinto do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (San Lázaro, s/n), en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 12 horas, e as portas do lugar de acceso para a súa realización abriranse ás 11 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

José Ramón Pardo Cabarcos

Presidente do tribunal