Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.827

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 9 de abril de 2002, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do CIXTEC. Anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 19 de xuño de 2002 pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas.

As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro e poden ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http://www.cixtec.es.

Así mesmo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para poderen corrixi-los defectos que motivaron a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable