Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona unha liquidación de xuros de demora pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Miguel Eito, María Luisa).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase unha liquidación de xuros de demora pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Eco

nomía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na Ronda da Muralla nº 70-1ª, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de maio de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Miguel Eito, María Luisa (17807836-V); r/ S. Caetano 3-dpdo. 3º-5º, Madrid.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; liquidación de xuros de demora; liquidación nº 000020001706; expediente: 256/02-Z.