Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave PO/02/025.02 e catro máis.

a) Obra.

1. Mellora do firme na PO-353. A Guarda-Fornelos, do p.k. 0+000 ó p.k. 7+843.

Clave: PO/02/025.02.

Orzamento: seiscentos trinta e dous mil douscentos oitenta e tres euros con trinta céntimos (632.283,30 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Reforzo do firme na C-531, treito: Maceira-Petán, do p.k. 67+700 ó p.k. 75+500. Pontevedra.

Clave: PO/02/026.02.

Orzamento: catrocentos trinta e sete mil setecentos cincuenta e sete euros cun céntimo (437.757,01 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Reforzo do firme na PO-230, treito: Vichocuntín-Campo Lameiro, do p.k. 0+000 ó p.k. 12+545.

Clave: PO/02/034.02.

Orzamento: setecentos trinta e catro mil oitocentos vinteún euros con vintedous céntimos (734.821,22 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Mellora de interseccións na C-541, treito: Pontevea-A Estrada, p.k. 22+100.

Clave: PO/02/029.06.

Orzamento: cento corenta e sete mil catrocentos doce euros con corenta e oito céntimos (147.412,48 A).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Reforzo do firme na PO-300, Nogueira-Cambados, C-550, O Carril-Vilagarcía de Arousa e C-531 Baión-Pontevedra e a ponte da Barca.

Clave: PO/02/044.02.

Orzamento: oitocentos sesenta e dous mil catrocentos dezaoito euros con catro céntimos (862.418,04 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda