De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Provincial de Empresarios del Transporte de los Servicios Regulares y Discrecionales de Viajeros por Carretera y de Ferias y Mercados de Pontevedra e mailos novos estatutos consistindo a dita modificación no cambio de denominación e outros extremos, pasando a chamarse Asociación Provincial de Empresarios de Servicio de Transporte de Viajeros por Carretera en Autocar de Pontevedra (Servicar).
Asinan a acta de constitución: Antonio Núñez Cores e outros.
Os novos estatutos modificados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 16 de maio de 2002.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra