Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 5 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (54 e 108/2002).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde

o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

EmpresaDomicilio

Localidade

Número expte.Data resol.

deleg. prov.

PreceptosResolución

InfrinxidoSancionador

Cnes. Navazas, S.L.Avda. Rivero de Aguilar, 16 baixo

Vilagarcía de Arousa

54/02

20/02(AI)

3-5-2002Art. 3 a), parte C, anexo IV, en rel. co art. 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.Art. 12.16º f) e art. 39.3º a) e c) e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.Multa de 3.000 A

Carpe, S.L.Orillamar, 83

36208 Vigo

108/02

1585/01(AI)

29-5-2002Arts. 4.2º d) e 19.1º do ET e 14 da Lei 31/1995Art. 12.16º b) e art. 39 e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto1.502,54 A