Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, por la que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores PO-EN-2001/81 e outro máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles, ás persoas que no anexo se mencionan as incoacións dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou xunta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 3 de xuño do 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2001/81.

Denunciado: Áridos Rías Baixas, S.L., enderezo r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular entullo, pedra, terra e dous caixóns de batea na súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove, sendo advertido da ilegalidade dos feitos e requirido para a retirada das verteduras, o dito requirimento non foi atendido.

Feitos denunciados no espacio natural Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de xuño do 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 60,10 a 601,02 euros debendo ademais restaura-lo medio natural ó seu ser e estado previos ós feitos denunciados xa que de non facelo, impoñeránselle multas coercitivas reiteradas ata o total cumprimento do ordenado.

Expediente: PO-EN-2001/82.

Denunciado: Áridos Rías Bixas, S.L., enderezo: r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo-Pontevedra.

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular pedras e terra así como un flotador de madeira dunha batea nun predio da súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove.

Feitos denunciados no espacio natural de Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, en réxime de protección xeral, e coa Orde do 7 de xuño pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 60,10 a 601,02 euros debendo ademais restaura-lo medio natural ó seu ser e estado previos ós feitos denunciados xa que de non facelo, impoñeránselle multas coercitivas reiteradas ata o total cumprimento do ordenado.