Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación no monte Vales de Figueiredo I e outros pertencentes ó Concello de Ribas de Sil (Lugo).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 115, do luns, día 17 de xuño de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 9.232, no punto 5, na fianza provisional, onde di: «2% do orzamento de licitación: 3.549,97 A.», debe dicir: «2% do orzamento de licitación: 3.594,97 A.».