Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.876

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-ramo de Defensa, denominada Castelo da Palma, en Mugardos (A Coruña).

A propiedade encóntrase no termo municipal de Mugardos (A Coruña), situada no bordo do acantilado, na marxe esquerda da ría de Ferrol, fronte ó castelo de San Felipe. Accédese ó castelo pola estrada que desde a enseada do Baño conduce á punta de Segaño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume (A Coruña), tomo 764, folio 211, predio número 9.869, inscrición primeira.

Superficie segundo rexistro: 29.630,29 metros cadrados. A construída do castelo é aproximadamente 5.267 metros cadrados.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 1.391.472,85 euros.

Foi desafectada, declarada a súa alienabilidade e posta á disposición da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, con data do 31 de xullo de 2001.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade:

As que figuran no prego que rexe para a poxa.

A poxa celebrarase ante a mesa constituída para o efecto na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa rúa da Princesa, número 32-36, de Madrid, o día 23 de xullo de 2002, a partir das nove trinta horas.

Información e pregos: nas oficinas da Delegación da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa en Galicia e Asturias, Costa da Palloza nº 1, 2º esquerda, porta 7, A Coruña (teléfono: 981 17 36 11) e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa no domicilio antes indicado (teléfono: 91 548 96 80), en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 13 de xuño de 2002.

Juan Antonio Miguélez Paz

Director-xerente