Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.957

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 213/2002, do 6 de xuño, polo que se acepta a título gratuíto a doazón duns equipos informáticos con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras.

A entidade financeira Caixanova ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde duns equipos informáticos con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras.

Conforme ó artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Dous ordenadores, marca ASUS, modelo L8400, cun valor de 2.163,64 A cada un, doados pola entidade financeira Caixanova.

-Dous ordenadores, marca TAY (CLÓNICO), modelo REDDIS, cun valor de 986,35 euros cada un, doados pola entidade financeira Caixanova.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Hospital Comarcal de Valdeorras, de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade