Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 215/2002, do 6 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun predio de 5.061 metros e 64 centímetros cadrados, propiedade do Concello de Muros, con destino á construcción dun novo centro de saúde.

O pleno do Concello de Muros en sesión celebrada o 25 de xaneiro de 2002 acordou ceder gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde, a parcela A, sita na Agra de Sorribas, na parroquia de Serres, propiedade do Concello, con destino á construcción do novo centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afectacións impostas sobre eles sobrepase o seu valor intrínseco. Non se considerará carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saú

de, despois da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto feita polo Concello de Muros a favor do Servicio Galego de Saúde, con destino á construcción do novo centro de saúde.

2. O predio cedido, parcela A, está sito na Agra de Sorribas, na parroquia de Serres, e ten unha superficie de 5.061 metros e 64 centímetros cadrados, sendo as súas estremas as seguintes:

-Norte: terreo destinado á vía pública e despois muro que separa as agras de Sorribas e Foxo.

-Sur: terreo destinado a vía pública (camiño dos defuntos).

-Leste: terreo edificable B da Agra de Sorribas cedido polo concello ó Estado para construí-lo cuartel da garda civil.

Oeste: Terreo destinado a vía pública e despois muro que separa as agras de Sorribas e das Brañas.

Artigo 2º

O inmoble acéptase segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 38 do seu regulamento e destinarase á construcción do novo centro de saúde na vila de Muros.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade