Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.987

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de informática da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devantida orde, publicada no DOG nº 119, do 21 de xuño, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Na páxina 9.644, anexo III, base II.3º, no enunciado da dita base, onde di: «cursos de formación e perfeccionamento e titulación académica»; debe dicir: «cursos de formación e perfeccionamento».

No epígrafe B da mesma base, onde di: «Superior a 40 e inferior a 75 horas»; debe dicir: «Superior a 40 e inferior ou igual a 75 horas».