Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.990

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (948/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 948/2001 seguidos por instancia de Salvador Patiño Rey contra Rediscarta Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data do 10-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Salvador Patiño Rey, contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L. condeno a esta a abonarlle a cantidade de 3.624,60 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte á súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.948-2001 de Banco BBVA desta cidade denom inada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25

euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mando e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia o fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rediscarta Galicia, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 21 de maio de 2002.

Secretario xudicial

Rubricado