Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 130/02-(3), interposto por Construcciones Fontenla, S.A.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia do maxistrado-xuíz do Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno da Coruña, pola que se admite a trámite a demanda polo trámite procedemental establecido para o procedemento abreviado, sinalado co número 130/02-(3), interposta por Construcciones Fontenla, S.A. contra resolución dictada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se lles empraza para que poidan comparecer como demandadas para tal efecto.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria