Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-41/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José Antonio de Soto Rodríguez e secretaria a Ana Belén López Díaz.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Concédeselle ó interesado un prazo de quince días para que poida examina-lo expediente, así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que, de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 27 de maio de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-41/2002-PO.

Denunciado: José Lino Salgado Salgueiro.

Último enderezo coñecido: Cruceiro, 83, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: transportar animais enfermos ou feridos e carecer de cartilla gandeira.

Data do acordo de incoación: 16-4-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 3, punto 1º, alínea b) do Real decreto 1041/1997, do 27 de xuño, e do artigo 196 do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigos 224 e 213 do Regulamento de epizootias.

Sanción: de 210,35 euros (35.000 pesetas).