Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de adaptación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias Agaca á Lei de cooperativas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de adaptación de estatutos á Lei 5/1998, do 18 de decembro, da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias Agaca, resultando inscrita no libro de inscrición de Asociacións Cooperativas, ó abeiro do disposto no Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais