Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica para a posta en marcha e lanzamento do Santiago de Compostela Convention Bureau.

Tipo de licitación: 40.000 A, IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato será dun ano contado desde a súa sinatura.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 17 do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo

día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde