Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 2002 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, polo que se solicita autorización para impartir en quenda de mañá o ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas en substitución do ciclo formativo de grao superior de Documentación Sanitaria; e en quenda de tarde-noite o ciclo formativo de grao superior de Aloxamento.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998, (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999. (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999, (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non

universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas en quenda de mañá e o ciclo formativo de grao superior de Aloxamento en quenda de tarde-noite.

Segundo.-Suprímese o ciclo formativo de grao superior de Documentación Sanitaria con efectos do 31 de agosto de 2002, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: A Rocha, Poza Real, 5.

Código do centro: 15025116.

Denominación: Centro Privado Santa Apolonia.

Titular: Mª del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

* Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde; Humanidades e Ciencias sociais e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: actividades físicas e deportivas:-1 ciclo formativo de grao medio de conducción de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural

(1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: hostalería e turismo.-1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de Próteses Dentais (2 unidades para 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de Saúde Ambiental (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: servicios socioculturais e á comunidade.-1 ciclo formativo de grao superior de educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

* Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao medio de Xestión Administrativa (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: hostalería e turismo.-1 ciclo formativo de grao superior de aloxamento (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: informática:-1 ciclo formativo de grao superior de administración de Sistemas Informáticos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao superior de Hixiene Bucodental (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de Dietética

(2 unidades para 30 alumnos/unidade).