Nos autos que se seguen neste xulgado co número arriba indicado, sobre despedimento, por instancia de María Dolores Berto Avilés, dictouse resolución do seguinte teor literal:
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.
Visto o estado que manteñen estas actuacións, acórdase sinalar para que teñan lugar os actos de conciliación e o xuízo o vindeiro día 5 de agosto de 2002 ás 9.50 horas da mañá, e que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, na rúa Viena, s/n, desta cidade.
Estando o demandado S.L. de Fabricante de Mobles-Antonio Fernández Carreira en paradoiro descoñecido e segundo o previsto no artigo 59 da LPL cítese a través do Diario Oficial de Galicia. Advírtaselle ó referido demandado que as seguintes comunicacións se farán en estrado, agás as que deban revestir forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento, advertíndolles que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, por comparecencia perante este xulgado ou perante o de primeira instancia ou de paz, se é o caso, se o domicilio da parte fose distinto da residencia deste xulgado; que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidades destas nin dos seus representantes ou defensores, por canto as partes poden nomear representantes, e o mesmo os defensores, poden substituí-la representación ou a defensa consonte as leis, téndose
por desistido o demandante se non comparece; os litigantes ou quen os represente deberán acudir con tódolos medios de proba de que tenten valerse.
Admítese e declárase pertinente a proba proposta, requírase a demanda para que achegue os documentos solicatados no outrosí da demanda.
Fágaselles saber ás partes que contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.
Así o acorda, manda e asina Súa Señoría do que dou fe.
E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación, citación e requirimento a S.L. de Fabricantes de Mobles-Antonio Fernández Carreira, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2002.
O secretario
Rubricado
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

