Convócase o concurso para a adxudicación do contrato de subministración: camión recolector-compactador para a recollida de lixo, conforme o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que se consideran partes integrantes do contrato, aprobados polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria con data do 27 de xuño de 2002.
Obxecto do contrato.-É a subministración dun camión recolector-compactador para a recollida de lixo, coas características técnicas e de equipamento contidas no prego de cláusulas de prescricións técnicas. Prazo de entrega.-A subministración entregarase no Concello de Meaño, no prazo máximo de 120 días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. Base ou tipo de licitación.-110.300 euros, IVE incluído e matriculación. Capacidade para contratar.-Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar. Garantías.-Provisoria: equivalente ó 2% do orzamento de licitación. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación.
Presentación de proposicións.-Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG). Documentación.-A esixida e segundo as formalidades contidas na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e segundo o modelo de proposición contido na cláusula 19. Unha vez presentada unha proposición non poderá ser retirada baixo ningún precepto. Criterios que servirán de base para a adxudicación da subministración.-Os reco
llidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. Apertura de proposicións.-A mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate da presentación de proposicións, se este fose sábado reunirase o primeiro día hábil seguinte. Pago do prezo.-Efectuarase contra a presentación da correspondente factura e unha vez aprobada polo órgano competente e recepcionado e prestada conformidade á subministración polo concello. Gastos de publicación.-Serán por conta do adxudicatario os anuncios de licitación. Tramitación, procedemento e forma.-Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma: concurso. Obtención de documentación.-Na Casa do Concello de Meaño, r/ Campo da Feira nº 1, 36968 Meaño, teléfono 986 74 71 02, fax: 986 74 73 91.
Meaño, 28 de xuño de 2002.
Jorge Domínguez Rosal
Alcalde

