O Concello de Vilalba, en sesión da Comisión de Goberno do día 25-6-2002, aprobou as bases que han de rexe-la convocatoria do Certame Literario do Concello de Vilalba apra o ano 2002, na súa XXVIII edición, resumidas en dous premios de 3.000 e 900 A nas modalidades de narrativa e poesía, respectivamente, en lingua galega.
Os interesados en particular no certame deberán dirixi-los seus traballos ó Concello de Vilalba, antes das 12 horas do día 27-7-2002 e poderán pedi-las bases nas oficinas municipais, directamente ou por correo.
Vilalba, 26 de xuño de 2002.
O alcalde
Rubricado

