Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior e protección da parcela do Sanatorio do Dr. Lois (PERI-10).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 28 de febreiro de 2002 aprobou definitivamente o Plan especial de reforma interior e protección da parcela do Sanatorio do Dr. Lois (PERI-10), con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 123 o día 31 de maio de 2002 o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo