Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a execución da obra adecuación peonil do adro da igrexa da torre de Celas e sinalización.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: adecuación peonil do adro da igrexa da torre de Celas e sinalización.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: quince (15) meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 124.292,83 IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12. Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral de 9 a 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

14. Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría C.

Culleredo, 18 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP 13-11-1999)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación