Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para 2002 do convenio colectivo da empresa Manipulados Magdalena, S.L.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo da empresa Manipulados Magdalena, S.L., con nº de código 3603472, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-6-2002, subscrita en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 3-6-2002. De conformidade co disposto na disposición adicional 2ª do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Manipulados Magdalena, S.L.

Asistentes:

CIG:

Raposo Mosteiro, A.

Castro Boullosa, J.L.

Castellano Estévez, I.

González Gándara, O.

Millos Chapela, A.

Julián Rodríguez, F.J.

Guitián Cajaraville, C.

Paniagua Ubeira, J.I.

Coello Prieto, J.J.

Representación empresarial:

García Crespo, Ismael.

En Vigo, nos locais da empresa, ás dezanove horas do día tres de xuño de dous mil dous, reúnese a comisión negociadora do convenio de Manipulados Magdalena, S.L., para revisa-los artigos que correspondan do citado convenio con vixencia ata o 31 de decembro de 2002.

-Ambas partes acordan a revisión das táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 2001 que se citan no anexo.

-As condicións económicas terán efectos desde o 1 de marzo de 2002.

-Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás vinte horas do día arriba indicado.

ANEXO

CategoríasSalario base/díaDescansos

regulamentarios

Pagas extras/díaVacacións

día

Traballo en

cámaras

PenosidadeProductividadeSalario

diario

Horas

complementarias

Capataz15,9710,664,121,519,9942,257,64

Carretilleiro/camarista15,9710,664,121,512,582,372,6039,817,64

Carretilleiro15,9710,664,121,512,372,6037,237,64

Oficial estibador15,9710,664,121,512,582,374,4941,707,64

Estibador15,9710,664,121,512,542,3737,176,27

Amanteiro15,9710,664,121,512,373,2537,887,64

Peón manipulador15,9710,664,121,511,7434,006,27

Mozo15,9610,664,121,511,1833,445,89

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE