Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xullo de 2002 que modifica a do 18 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación da convocatoria de provisión dos postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Por Orde do 18 de xuño de 2002 (DOG nº 119, do 21 de xuño) convocouse o proceso de provisión para cubrir postos vacantes reservados ó persoal laboral nas relacións de postos de traballo polo sistema de concurso de traslados.

De conformidade co establecido no artigo 7.2.a.2 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

DISPOÑO:

Primeiro.-Modifica-la Orde do 18 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación da convocatoria de provisión dos postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia, no sentido de eliminar da relación de prazas do seu anexo II a praza co número de orde 1772 (AS.C99.40.302.36001.110).

Segundo.-Como consecuencia desta modificación, amplíase o prazo de presentación de solicitudes para quen xa a presentara para o posto que se elimina, que coincidirá co último día dos 15 naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de incluír na súa petición, se así o estima oportuno, algún outro posto en lugar do suprimido.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer reclamación administrativa previa perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administracións Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública