A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 abril) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo V, a concesión de axudas para a constitución de redes temáticas.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e a Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 12 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concede-las axudas para a constitución de redes temáticas ós beneficiarios que se citan no anexo a esta resolución, na contía que se sinala.
Segundo.-De conformidade coa base 7 da convocatoria, os beneficiarios destas axudas quedan obrigados a presentar unha memoria científica final que
resuma o alcance dos obxectivos propostos na solicitude, xunto cunha descrición dos gastos efectuados e o equipamento adquirido.
A inobservancia dos beneficiarios de calquera dos requisitos establecidos na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Terceiro.-A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o investigador que actúa como responsable e coordinador da solicitude.
Antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
Cuarto.-Contra a presente resolución, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, podrán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2002.
P.D. (Orde 1-4-2002, DOG do 10 de abril)
Miguel A. Ríos Fernández
Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento
ANEXO
Beneficiario Organismo Denominación Importe
Carracedo Álvarez, Ángel María Universidade de Santiago de Compostela Rede Galega de Bioinformática 29.950 A
Casares Long, Juan José Universidade de Santiago de Compostela Medio Ambiente Atmosférico 18.000 A
Doallo Biempica, Ramón Universidade da Coruña Rede Galega de Computación Paralela e Distribuída 18.000 A
Paz González, Antonio Universidade da Coruña Erosión híbrida en relación coa calidade da auga 18.000 A
Total 83.950 A

