Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: XS-C-01/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación e mantemento das instalacións deportivas da piscina municipal e ximnasio.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (anos): quince (15).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo licitación ou canon de explotación: non se fixa.

5. Garantías.

Provisional: 601,01 euros.

Definitiva: 3.005,06 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos, as proposicións constarán de tres sobre pechados, A, B e C, denominados de «Proposición económica», «Documentación xeral» e «Referencias técnicas para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 20ª dos pregos de condicións particulares.

c) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Admisión de variantes: admitiranse unicamente variantes sobre os criterios establecidos no prego e posibilitadas por este, sobre a mellor prestación e calidade do servicio e melloras nas instalacións proxectadas, segundo a cláusula 22ª dos pregos-, sendo unicamente estas as valorables.

d) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro xeral.

2ª Enderezo: rúa Real nº 13.

3ª Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o sexto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a que se obterá no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

11. Gastos dos anuncios.

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

12. Exposición do prego.

O prego de cláusulas particulares que rexerá nesta contratación queda exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Pontedeume durante o prazo

de oito días, ós efectos do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Pontedeume, 5 de xullo de 2002.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde